Ir al contenido principal

Volven os VENRESPIRAR na súa edición 2016

Rebulir Cultura Tradicional colabora e apoia un ano máis os Venrespirar, que organizan os amigos de Algaravía e a AOFT Gomes Mouro. Estas foliadas itinerantes volven a capital das Burgas unha vez ao mes a partir do vindeiro 26 de Febreiro.
 
O noso turno será no mes de Marzo na zona universitaria. Alí as nosas pandereteiras estarán animando aos bailadores a que saian ao torreiro ao son das súas latas, pandeiretas, pandeiras, pandeiros, cunchas, piñas... etc...

Comentarios