Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2018

Presentamos o CARTEL do FIR2018

Hoxe presentouse en redes e plataformas online o cartel que servirá de soporte de comunicación ao XIII Festival Internacional Rebulir. Como xa temos anunciado esta será unha edición adicada aos doadores e doadoras de sangue, órganos e tecidos. TODA A INFO. do FIR en www.festivalrebulir.info     

Rebulir de novo en Luar

Este venres volvemos a LUAR con dous pases moi especiais. No primeiro deles celebraremos unha das festas máis tradicionais de Ourense, os Magostos, e no segundo farémoslle unha homenaxe ao centenario de Vilavidal. Desta vez ata o Plató de Montouto desprazarémonos músicos, pandereteiras e bailador@s do grupo oficial, e desta vez tamén nos acompaña o Grupo Senior e o Grupo A de baile tradicional. 

INICIACIÓN ao BAILE TRADICIONAL para ADULTOS

Entre as novidades deste curso 2017/2018 temos que anunciar o lanzamento da actividade de Iniciación ao Baile tradicional para adultos.  Esta nova iniciativa estará organizada por Rebulir Cultura Tradicional, Xurxemurxe e o Concello de Ramirás  Toda a información que precisedes sobre esta actividade debedes dirixirvos a xurxemurxe@gmail.com 

Equipo Raiceir@s - GRAZAS !!!!

O vindeiro día 29 teremos o acto que serve como peche do Proxecto "Equipo Raiceir@s". Afortunadamente neste 2018 logramos consolidar unha iniciativa que terá a súa continuidade con máis actividades no que resta de ano, e agardemos que teña proxección de futuro.  Este conxunto de actividades que se desenvolveron polo "Equipo Raiceir@s" durante o ano 2018 estivo financiada mediante o programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Desde Rebulir queremos agradecer a todos os mozos e mozas que coordinastes, participastes ou asististes as diferentes actividades, e sobretodo ao grupo base que se integrou neste proxecto. Con vós imos alén ! 

CURSO 2018/2019

Comeza un novo curso en Rebulir con moitas novidades e ilusión. Para coñecer todas as novas podedes asistir ao acto de presentación do curso que terá lugar o VENRES día 28 de SETEMBRO no local social de San Andrés (Vilavidal). Se queredes facer algunha pregunta concreta previa a este acto podedes escribirnos a rebulir@hotmail.com e respostaremos de inmediato.  Xa podedes facer a vosa PREINSCRIPCIÓN neste ENLACE , xa que teremos PRAZAS LIMITADAS nas diferentes disciplinas ofertadas. 

Rebulir por Alemaña e Polonia

Rebulir emprende unha nova aventura por centroeuropa. Desde o vindeiro xoves día 9 e ata o 21 de Agosto o noso colectivo estará representando o folclore galego en diferentes espazos de Alemania e Polonia. A primeira parada será en Berlín, onde en colaboración co Centro Estudos Galegos, actuaremos na Freie Universität Berlin e visitaremos a capital alemana. Logo estaremos participando no Festival World Folk Review INTEGRATION Poznań, en Polonia. Este é un dos eventos folclóricos con maior proxección no pais, estando amparado por CIOFF Poland - Polska Sekcja CIOFF e pola Poznań University of Physical Education. Finalmente, xa o día 20 voltaremos a Alemaña para ter algún encontro con galegos, e chegar a Ourense o día 21 de Agosto.

PREMIOS REBULIR DA CULTURA GALEGA 2018

Reunida en sesión ordinaria o Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega, o 30 de Xullo de 2018, as 9:00 h. no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense deciden outorgar por unanimidade os seguintes galardóns na súa edicións 2018: - Música Galega: Guadi Galego - Artes Escénicas: Carlos Blanco Vila - Premio Homenaxe: Romaría Raigame A Gala de entrega terá lugar o Sábado 22 de Decembro as 19:00 h. no Complexo Polideportivo de O Picouto, no marco da Gala Central do Festival Internacional Rebulir

Rebulir en Amiudal - Avión

Rebulir segue coa súa xira de actuación veraniegas e agora chega a Amiudal (Concello de Avión) no marco da programación das festas deste pobo ourensán.  Ata alí nos desprazaremos os grupos oficiais de música tradicional, baile tradicional, pandereteiros/as; e tamén se unirá o Grupo A de baile . Deste xeito, 45 persoas sobre o torreiro animarán aos espectadores durante os 90 minutos que durará a nosa intervención, e que terá lugar en dous pases. O primeiro as 19:30 h. e o segundo as 20:30 h. 

O FIR ven de ser recoñecido co selo do "Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018" #europeforculture

O Festival Internacional Rebulir ven de conseguir o distintivo do "Ano Europeo do Patrimonio Cultural" da Comisión Europea. #EuropeForCulture Este distintivo concédeselle desde o Ministerio de Cultura a todas aquelas iniciativas que son evaluadas positivamente como actividades que promoven os valores culturais, sendo o eslogan desta iniciativa "Nuestro patrimonio: Donde el pasado se encuentra con el futuro - Our future. Where the past meet the future". O obxectivo desta campaña é concienciar sobre a contribución e repercusión positiva do patrimonio cultural europeo á economía, a sociedade, o turismo, o emprego, as relacións con terceiros países, a diversidade cultural, a inclusión social e o diálogo intercultural. E deste xeito, promover, compartir e apreciar o patrimonio cultural europeo como un recurso universal, para concienciar sobre os valores e a historia colectiva. Así, todos os soportes da XIII edición deste evento incluirán o logotipo elabora

Rebulir en Cartelle

Este Sábado día 14 de Xullo as 20:30 h. poderedes ver unha actuación de Rebulir Cultura Tradicional no marco da programación das Festas San Benito 2018 do Concello De Cartelle. Alí estaremos as diferentes seccións de Rebulir: Grupo de Música tradicional, pandereteiras e pandeireteiros e grupo de baile. Grazas a comisións por contar connosco e sobretodo parabéns por programar música tradicional

ROMARIA REBULDEIRA 2018

O vindeiro Sábado día 30 de Xuño a Asociación Cultural Rebulir organizaremos un ano máis a Romaría Rebuldeira. Esta celebración que serve como peche do curso 2017/2018, xuntará aos numerosos membros da nosa asociación, familiares, veciños/as e amigos/as para compartir unha xornada lúdica na área recreativa da Pontenova en Ramirás, ao carón do río Arnoia, onde temos prevista unha ampla programación de actividades. Empezará o día cun xantar popular amenizado polo Grupo de Música Tradicional Rebulir. Logo pola tarde haberá xogos e actividades para os máis cativos coa  Xurxemurxe. Tamén en sesión de tarde, as 17:30 h., actuarán os grupos da Escola Rebulir, e ademais, como grupos convidados virán desde Mondariz, as "cantarillegas do Castromao", e  desde Arnoia, o grupo "Airiños de Arnoia". Para repoñer forzas a organización convida a un refrixerio e petiscos ao carón do río. E para rematar a xornada, xa polo serán, actuará  o  artista de recoñecido prestixio, Davi

Candidaturas Premios Rebulir 2018

Os Premios Rebulir da Cultura Galega abren o envío de candidaturas para a súa edición 2018. As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a directorfestivalrebulir@gmail.com, sendo a data límite para recibilas o día 15 de Xullo de 2018. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os premiados/as nas seguintes categorias: - Música Galega - Artes Escénicas / Patrimonio - Homenaxe Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría. A Gala de entrega destes galardóns terá lugar o 22 de Decembro de 2018, no Polideportivo do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR. Máis información en http://www.festivalrebulir.info/p/premio-rebulir.html

Mes de Xuño en Rebulir

O mes de Xuño ven cargadiño de compromisos para a nosa asociación. Non haberá ningún fin de semana no que non teñamos algunha actividade.  - 3 de Xuño - Festa das Adegas (Cenlle) -Grupo de Música Tradicional- - 9 de Xuño - Foliadiña no I Serán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) - Pandereteiras pequenas e G.M. Tradicional - - 13 de Xuño - Colaboración Coral De Ruada (Ourense) - Baile - - 15 de Xuño - Foliada na Ribeira da Pontevella (Teo) - Pandereteiras - - 16 de Xuño - Festas do S. Antonio do Viso (Ramirás) - Grupo de Música Tradicional - - 24 de Xuño - Feira Gastronómica (Celanova) -Grupo de Música Tradicional-  - 30 de Xuño - Festas de Trado (Pontedeva) -Grupo de Música Tradicional- - 30 de Xuño - Romeria Rebuldeira - Fin de Curso (A Pontenova - Ramirás) - Escola completa.

Romaria Raigame e outras

Esta semana ven cargadiña de compromisos para Rebulir. Empezaremos o vindeiro Xoves día 17 na Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes. Na mesma actuaremos as 11:00 h. na Praza Maior e as 12:00 h. no patio da escola. Despois, estaremos todo o día tocando, bailando e cantando pola vila celanovesa. A continuación, seguiremos o Sábado 19 no Serán de Avión, onde as nosas pandereteiras participarán e bailaremos xunto cos veciños e veciñas. E xa para pechar a semana, o noso grupo de música tradicional estará animando a Romaría da Virxe das Maravillas no Concello de Cartelle. 

NOITE DE FIADEIRO 2018

Vimos de presentar o cartel e programa da XII Noite de Fiadeiro, que se desenvolverá en Vilavidal (Concello de Ramirás) o vindeiro 12 de Maio. Se queredes consultar todos os pormenores tedes ao voso dispor un blog habilitado ao efecto www.noitedefiadeiro.com   - Premer enriba para AMPLIAR ou DESCARGAR -

Rebulir viaxará de novo a Noreña

O noso grupo de música tradicional participará este sábado día 7 de Abril no certame de cantos de chigre "Prohibido cantar ... desentonáu" que se celebra en Noreña (Asturias) organizado polos amigos da Banda Gaites "Villa y Condáu de Noreña" e a Asociación Folklóricu Musical "Villa y Condáu de Noreña" Será a segunda vez que estamos neste evento, e gardamos moi bo recordo do noso paso fai dous anos. De novo agradecemos aos amigos de Noreña o convite, e a posibilidade de participación neste evento.

Rebulir entra en FEAF

A Asociación Cultural Rebulir ven de ser aceptada recentemente como parte da FEAF (Federación Española de Agrupaciones de Folclore) no marco da súa desmarcación galega. Dita entidade está integrada na Comisión de seguimento do Plan Nacional de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial do Instituto del Patrimonio Cultural de España. Asemade, está declarada como entidade de Utilidade Publica polo Ministerio del Interior, membro del C.I.D de UNESCO e Membro de I.O.V. de UNESCO. Con este paso Rebulir segue a situarse nun marco compartido e de intercambio intercultural, onde prima o encontro con asociacións que teñen finalidades comúns.  Máis información de FEAF en http://rfeaf.org/

REBULIR EN LUAR - 23 de Febreiro

Este venres 23 de Febreiro voltamos ao programa LUAR con moita ilusión posto que presentaremos un petisco do proxecto que nos terá ocupados nos vindeiros meses. Agardamos que vos guste. Seremos unha boa recua en escea, porque iremos o grupo de música tradicional, o grupo oficial, o grupo A... e tamén nos acompañarán as amigas de Arunrun Teatro. Vai ser boa ! 

Rebulir no Aqui Galicia en Xinzo de Limia

Unha vez máis participaremos no programa da TVG "Aqui Galicia". Desta vez será o vindeiro Sábado sía 3 de Febreiro en directo desde Xinzo de Limia. Ata alí irán o noso grupo C (infantil) e B (xuvenil) acompañados do grupo de música tradicional Rebulir. Non dubidedes en sintonizar o Sábado a Televisión de Galicia para ver o ben que o fan os nosos cativos e cativas.  

VIII Premio Xavier Prado Lameiro - Asociación Cultural Rebulir

O xurado do VIII Premio Xavier Prado Lameiro da Cultura Galega ven de conceder este galardón a Asociación Cultural Rebulir. Queremos convidarvos a compartir connosco esta xornada de ledicia que terá lugar no Teatro Principal de Ourense, o venres 19 de Xaneiro de 2018 as 20:30 h.  O acceso ao Teatro é libre (recoller invitación en taquilla) ata completar aforo.

VIDEO RESUMEN FIR 2017

Xa tedes ao voso dispor o video resumen da XII edición do Festival Internacional Rebulir. - Cámara: Iris Justo Rodríguez - Producción: FIR - Asociación Cultural Rebulir - Edita: Iris Justo Rodríguez - Música: Mutenrohi - Comunicación: Pablo Álvarez Quintana - Dirección Artística: Alexandre Sotelino Losada - Direccion Administrativa: Susana Durán González - Secretaria: Sandra González Sousa - Colaboran: Concello de Ramirás, Deputación Provincial de Ourense, Xunta de Galicia,  ABANCA,Televisión de Galicia, INORDE, Seat Celanova Motor, Concello de Celanova, Cafeteria América, Rectoral de Ansemil