11 jul. 2018

O FIR ven de ser recoñecido co selo do "Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018" #europeforculture

O Festival Internacional Rebulir ven de conseguir o distintivo do "Ano Europeo do Patrimonio Cultural" da Comisión Europea. #EuropeForCulture

Este distintivo concédeselle desde o Ministerio de Cultura a todas aquelas iniciativas que son evaluadas positivamente como actividades que promoven os valores culturais, sendo o eslogan desta iniciativa "Nuestro patrimonio: Donde el pasado se encuentra con el futuro - Our future. Where the past meet the future".

O obxectivo desta campaña é concienciar sobre a contribución e repercusión positiva do patrimonio cultural europeo á economía, a sociedade, o turismo, o emprego, as relacións con terceiros países, a diversidade cultural, a inclusión social e o diálogo intercultural. E deste xeito, promover, compartir e apreciar o patrimonio cultural europeo como un recurso universal, para concienciar sobre os valores e a historia colectiva.

Así, todos os soportes da XIII edición deste evento incluirán o logotipo elaborado pola Comisión Europea, e que recoñece o valor desta actividade como proposta intercultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.