26 jun. 2018

ROMARIA REBULDEIRA 2018

O vindeiro Sábado día 30 de Xuño a Asociación Cultural Rebulir organizaremos un ano máis a Romaría Rebuldeira. Esta celebración que serve como peche do curso 2017/2018, xuntará aos numerosos membros da nosa asociación, familiares, veciños/as e amigos/as para compartir unha xornada lúdica na área recreativa da Pontenova en Ramirás, ao carón do río Arnoia, onde temos prevista unha ampla programación de actividades.

Empezará o día cun xantar popular amenizado polo Grupo de Música Tradicional Rebulir. Logo pola tarde haberá xogos e actividades para os máis cativos coa  Xurxemurxe. Tamén en sesión de tarde, as 17:30 h., actuarán os grupos da Escola Rebulir, e ademais, como grupos convidados virán desde Mondariz, as "cantarillegas do Castromao", e  desde Arnoia, o grupo "Airiños de Arnoia". Para repoñer forzas a organización convida a un refrixerio e petiscos ao carón do río. E para rematar a xornada, xa polo serán, actuará  o  artista de recoñecido prestixio, Davide Salvado, que fará un percorrido por diferentes ritmos galegos e casteláns. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.