Ir al contenido principal

Equipo Raiceir@s - GRAZAS !!!!


O vindeiro día 29 teremos o acto que serve como peche do Proxecto "Equipo Raiceir@s". Afortunadamente neste 2018 logramos consolidar unha iniciativa que terá a súa continuidade con máis actividades no que resta de ano, e agardemos que teña proxección de futuro. 

Este conxunto de actividades que se desenvolveron polo "Equipo Raiceir@s" durante o ano 2018 estivo financiada mediante o programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Desde Rebulir queremos agradecer a todos os mozos e mozas que coordinastes, participastes ou asististes as diferentes actividades, e sobretodo ao grupo base que se integrou neste proxecto. Con vós imos alén ! 

Comentarios