Ir al contenido principal

Rebulir en Amiudal - Avión

Rebulir segue coa súa xira de actuación veraniegas e agora chega a Amiudal (Concello de Avión) no marco da programación das festas deste pobo ourensán. 

Ata alí nos desprazaremos os grupos oficiais de música tradicional, baile tradicional, pandereteiros/as; e tamén se unirá o Grupo A de baile . Deste xeito, 45 persoas sobre o torreiro animarán aos espectadores durante os 90 minutos que durará a nosa intervención, e que terá lugar en dous pases. O primeiro as 19:30 h. e o segundo as 20:30 h. 

Comentarios