Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

XIV FESTIVAL INTERNACIONAL REBULIR 2019

TODA A INFORMACIÓN EN WWW.FESTIVALREBULIR.INFO

TEATRO en RAMIRÁS co Grupo de Vilamarín

ATENCIÓN: Este Sábado día 30 de Novembro as 20:00 h. teremos TEATRO no Centro Cultural O Picouto da mán do Grupo de Teatro de Vilamarín quen trae unha adaptación do Florido Pensil titulada "Despaciño e boa letra". Animámosvos a todos a acudir a esta cita coa cultura no Concello de Ramirás

Espectáculo "Os Ollos de Miss Margaret" na ESTRADA

Chega ao Teatro Principal da Estrada o noso espectáculo “Os Ollos de Miss Margaret”. Unha proposta escénica que combina teatro, baile e música tradicional para achegar ao espectador a Galicia dos anos 20. A nosa protagonista, Miss Margaret, chega a Galicia nun día de Corpus e comeza a percorrer vilas, aldeas e cidades cun obxectivo ben claro; pero acaba profundizando moito mais e coñecendo unha cultura ancestral que a sorprende. ENTRADAS ANTICIPADAS A VENDA EN: - Concello da Estrada (Departamento de Cultura) - Fiandeira (A Estrada) - Bulideira (Santiago de Compostela) - Centro Cultural A Ponte Vella (Teo) - Rebulir (Ramirás) - Reservas en http://www.rebulir.com/p/espectaculo-os-ollos-de-miss-margaret.html Tamén haberá venda en Taquilla do Teatro o propio día do Espectáculo (1 hora antes da apertura)

HORARIOS CURSO 2019/2020

OS OLLOS DE MISS MARGARET EN VILAMARÍN

O Espectáculo "Os Ollos de Miss Margaret" chegará o vindeiro 29 de Setembro as 20:00 h. ao Concello de Vilamarín por medio da Rede de Auditorios da Deputación Provincial de Ourense. Por este motivo o acceso será GRATUÍTO pero requerirá retirar as pertinentes invitacións contactando coa Casa do Concello de Vilamarín no 988 286 000   

ASAMBLEA-CLAUSURA EQUIPO RAICEIR@S 2.0. - 2019

O vindeiro día 28 de Setembro teremos o acto que serve como peche do Proxecto "Equipo Raiceir@s 2.0". Afortunadamente neste 2019 logramos consolidar unha iniciativa que terá a súa continuidade con máis actividades no que resta de ano, e agardemos que teña proxección de futuro. Cabe salientar a amplitude de programación acadada por todos os participantes e coordinadores.  Este conxunto de actividades que se desenvolveron polo "Equipo Raiceir@s 2.0" durante o ano 2019 estivo financiada mediante o programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Desde Rebulir queremos agradecer a todos os mozos e mozas que coordinastes, participastes ou asististes as diferentes actividades, e sobretodo ao grupo base que se integrou neste proxecto. Con vós imos alén ! 

CURSO 2019-2020 EN REBULIR

NOVO CURSO EN REBULIR !!! Arrancamos un novo curso en Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional. O acto de presentación de profesorado, actividades e horarios terá lugar o Venres 27 de Setembro as 20:00 h . no Centro Sociocultural de O Picouto (Ramirás) . Quedades tod@s convidad@s a asistir e comezar connosco un ano cheo de proxectos. 

Rebulir en CANTABRIA

Nos vindeiros días Rebulir comeza unha pequena XIRA por CANTABRIA que  levará a este colectivo a localidades como Santander, Somo, Torrelavega e Tanos. O motivo do desprazamento é participar na XXXI Muestra Internacional de Folclore, un festival de recoñecido prestixio a nivel estatal e internacional . Asemade, Rebulir estará tamén presente na programación do centenario do Centro Gallego de Santander o día 14 de Agosto, sendo recibidos nas instalacións da Casa de Galicia de Cantabria, e tamén no propio Ayuntamiento de Santander onde farán unha actuación. Previamente ao seu desprazamento a terras cántabras, estará cumplindo con un dos múltiples compromisos que teñen para este verán, actuando na mañá do Domingo día 11 na II Feira Etnográfica de Pereiro de Aguiar co seu espectáculo de Rúa "Tradición Viva". Deste xeito, unha delegación de 35 persoas representarán de novo a Galicia, a Ourense e a Ramirás por escenarios alén das nosas fronteiras poñendo de manifesto a ri

CANDIDATOS/AS AOS PREMIOS REBULIR DA CULTURA GALEGA 2019

Hoxe facemos públicas as CANDIDATURAS dos PREMIOS REBULIR 2019 na súa primeira fase. 1. MÚSICA GALEGA - Tanxugueiras - Xabier Díaz - Rosa Cedrón - Emilio Rúa - Mini e Mero - Fanfarria Furruxa - AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos - Laura González - Os Coribantes de Buchabade - Xulio Lorenzo - A banda da Loba 2. ARTES ESCÉNICAS - Celso Fernández Sanmartín - Antonio Durán - Morris Durán - Isabel Risco - Roberto Vilar - Javier Gutierrez 3. PREMIO HOMENAXE - CORAL De RUADA - Carlos Miguez - Gaiteiro "O Rella" - Os Jalos d´Antioquia - Antonio Soto Nos vindeiros días pasarase a segunda fase de votación, e finalmente ao xurado de elección dos premiados nas diferentes categorías. Grazas a todas as persoas e colectivos que aportastes as vosas candidaturas.

ROMERIA REBULDEIRA - Peche de Curso 2018/2019

O vindeiro Domingo día 30 de Xuño organizaremos a tradicional ROMARÍA REBULDEIRA que servirá como peche do curso 2018/2019. Nesta edición contaremos como grupo convidado cos amigos/as do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, a quen visitamos fai unhas semanas. E por suposto, actuarán todas as seccións da nosa escola, contando con algunha sorpresa. No marco da programación da xornada, que terá lugar no Centro Cultural O Picouto do Concello de Ramirás , tamén teremos xogos para os nenos e nenas, e pecharemos co concerto de XISCO FEIJOO TRIO.

Rebulir vaise a Bilbao

O Oficial de Rebulir desprazarase esta fin de semana, do Venres 21 ao Domingo 23 de Xuño, ata Bilbao (Euskadi) para participar no Santutxu Kolorea, un evento que pon en valor diferentes manifestacións culturais vascas e visitantes. A organización está a cargo dun grupo amigo Gaztedi Dantzari Taldea quen xa nos visitou en tres ocasións no FIR, e quen nos recibiu no seu festival no ano 2011.

CANDIDATURAS PREMIOS REBULIR DA CULTURA GALEGA 2019

As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares no formulario que se anexa, sendo a data límite para recibilas o día 15 de Xullo de 2019. Posteriormente, convocarase ao xurado desta edición que deliberará quen son os premiados/as nas seguintes categorias: - Música Galega - Artes Escénicas / Patrimonio  - Homenaxe Ninguén poderá candidatarse a si mesmo/a, ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría.  A Gala de entrega destes galardóns terá lugar o 21 de Decembro de 2019, no Polideportivo do Picouto durante a celebración da Gala Central do FIR. FORMULARIO PARA CANDIDATURAS

Imos a Romeria Raigame 2019

Un ano máis participaremos o vindeiro 17 de Maio na Romaria Raigame de Vilanova dos Infantes. As nosas intervencións serán as 11:00 h. Na praza maior e as 11:30 h. No Patio da escola. Compartiremos de novo programa cos amig@s do Orcellón de Carballiño. Agardámosvos

NOITE DE FIADEIRO 2019

Toda a información en www.noitedefiadeiro.com 

Imos de VENRESPIRAR ao Grandola en Ourense

Este venres 26 de Abril temos cita no Venrespirar que organiza a AC Algaravía. A cita será a partir das 22 h. na Praza de San Marcial de Ourense - Grândola Tetería. Participarán as nosas seccións de pandereteir@s oficial e senior, e o noso grupo de música tradicional. 

Cartel Espectáculo "Os Ollos de Miss Margaret"

Tal e como viñamos anunciando HOXE PRESENTAMOS o cartel do noso espectáculo "Os Ollos de Miss Margaret" que se estreará no Auditorio do Concello de Celanova. Pedra e poesía o vindeiro Sábado 27 de Abril as 20:00 h. Xa tedes a vosa disposición as entradas nos seguintes puntos de venda: - Pungin Sport (Celanova) - Centro Cultural O Picouto (Ramirás) - Rebulir Cultura Tradicional  - Taquilla do Auditorio Ilduara (Só o día do Estreo)

REBULIR NO CENTENARIO DA CORAL DE RUADA

Este Venres día 12 de Abril estaremos no Concerto do Centenario da CORAL De RUADA no Auditorio Municipal de Ourense as 20:30 h. compartindo cartel con Treixadura, Os Melidaos, Luar na Lubre, Gomes Mouro e, por suposto, os anfitrions a CORAL De RUADA.  Grazas a centenaria institución Ourensá por contar connosco nesta efeméride. Para nós é toda unha honra e unha responsabilidade estar nesta celebración.

Agradecemento polo Premio Rodolfo Prada 2019

Desde a Asociación Cultural Rebulir queremos agradecer ao Xurado dos Premios Rodolfo Prada 2019 que tivesen en consideración o proxecto "FIR-Festival Internacional Rebulir" como meritorio de tal galardón.  Este é un recoñecemento ao traballo mancomunado de institucións, colectivos, persoas... veciños e veciñas, quen aportan o mellor de cada un para sacar adiante esta iniciativa que chega a súa XIV edición no presente 2019. Aproveitamos para convidar a todas as persoas de Rebulir, Concello de Ramirás, entidades... implicadas no desenvolvemento do FIR a acompañarnos este Sábado día 6 de Abril as 17:30 h. na Gala de Entrega que terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense. 

Rebulir colabora no Espectáculo "Entre Soños" de Fran Sieira

Algúns membros do Grupo Oficial de Rebulir colaborarán o vindeiro Xoves día 14 de Marzo no Auditorio de Ourense no primeiro espectáculo da Compañía de Danza FRAN SIEIRA, e que leva o título "Entre Soños".  Se queredes adquirir as entradas para o espectáculo podedes visitar a web ATAQUILLA   

MasterClass de Fran Sieira

O vindeiro Sábado día 9 de Marzo teremos a sorte de contar no local de Rebulir cunha Masterclass de FRAN SIEIRA, compañía de danza presentando o seu primeiro espectáculo "EntreSoños": “A contemporaneidade no baile tradicional”. Dita sesión terá lugar entre as 13:00 e as 14:30 h. Os OBXECTIVOS de traballo serán os seguintes: · Como levar o baile galego a un punto máis contemporáneo, utilizando tódalas ferramentas do noso folclore e falando a través delas. · Caso práctico: utilización dunha danza gremial como mecanismo de transmisión. INCRIPCIÓN Gratuíta ata completar prazas (límite 20 persoas)