Ir al contenido principal

ROMERIA REBULDEIRA - Peche de Curso 2018/2019

O vindeiro Domingo día 30 de Xuño organizaremos a tradicional ROMARÍA REBULDEIRA que servirá como peche do curso 2018/2019. Nesta edición contaremos como grupo convidado cos amigos/as do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, a quen visitamos fai unhas semanas. E por suposto, actuarán todas as seccións da nosa escola, contando con algunha sorpresa.
No marco da programación da xornada, que terá lugar no Centro Cultural O Picouto do Concello de Ramirás, tamén teremos xogos para os nenos e nenas, e pecharemos co concerto de XISCO FEIJOO TRIO.

Comentarios