Ir al contenido principal

MasterClass de Fran Sieira


O vindeiro Sábado día 9 de Marzo teremos a sorte de contar no local de Rebulir cunha Masterclass de FRAN SIEIRA, compañía de danza presentando o seu primeiro espectáculo "EntreSoños": “A contemporaneidade no baile tradicional”. Dita sesión terá lugar entre as 13:00 e as 14:30 h.

Os OBXECTIVOS de traballo serán os seguintes:
· Como levar o baile galego a un punto máis contemporáneo, utilizando tódalas ferramentas do noso folclore e falando a través delas.
· Caso práctico: utilización dunha danza gremial como mecanismo de transmisión.

INCRIPCIÓN Gratuíta ata completar prazas (límite 20 persoas)

Comentarios