Ir al contenido principal

ASAMBLEA-CLAUSURA EQUIPO RAICEIR@S 2.0. - 2019



O vindeiro día 28 de Setembro teremos o acto que serve como peche do Proxecto "Equipo Raiceir@s 2.0". Afortunadamente neste 2019 logramos consolidar unha iniciativa que terá a súa continuidade con máis actividades no que resta de ano, e agardemos que teña proxección de futuro. Cabe salientar a amplitude de programación acadada por todos os participantes e coordinadores. 

Este conxunto de actividades que se desenvolveron polo "Equipo Raiceir@s 2.0" durante o ano 2019 estivo financiada mediante o programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Desde Rebulir queremos agradecer a todos os mozos e mozas que coordinastes, participastes ou asististes as diferentes actividades, e sobretodo ao grupo base que se integrou neste proxecto. Con vós imos alén ! 

Comentarios