9 ago. 2019

Rebulir en CANTABRIA


Nos vindeiros días Rebulir comeza unha pequena XIRA por CANTABRIA que  levará a este colectivo a localidades como Santander, Somo, Torrelavega e Tanos. O motivo do desprazamento é participar na XXXI Muestra Internacional de Folclore, un festival de recoñecido prestixio a nivel estatal e internacional . Asemade, Rebulir estará tamén presente na programación do centenario do Centro Gallego de Santander o día 14 de Agosto, sendo recibidos nas instalacións da Casa de Galicia de Cantabria, e tamén no propio Ayuntamiento de Santander onde farán unha actuación. Previamente ao seu desprazamento a terras cántabras, estará cumplindo con un dos múltiples compromisos que teñen para este
verán, actuando na mañá do Domingo día 11 na II Feira Etnográfica de Pereiro de Aguiar co seu espectáculo de Rúa "Tradición Viva".
Deste xeito, unha delegación de 35 persoas representarán de novo a Galicia, a Ourense e a Ramirás por escenarios alén das nosas fronteiras poñendo de manifesto a riqueza das nosas tradicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.