Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2013

REIS MAGOS E CANTOS DE REIS 2014

NÚMEROS PREMIADOS NAS RIFAS DE REBULIR 1º PREMIO - Unha TABLET dixital = 246 2 PREMIO - CESTA Grande de productos do país = 712 3º PREMIO - CESTA Pequena de productos do país = 689 Para recollelos tedes 20 días, senón os premios daranse como desertos. Podedes contactar con nós no teléfono 639 908 005 ou ben no mail rebulir@hotmail.com e xa vos indicamos como recoller o voso premio. Un saúdo e Boas Festas. 
Desde Rebulir, desexámosvos BOAS FESTAS, velaquí a nosa postal deste ano. 

CHEGA O VIII FESTIVAL INT. REBULIR 2013

Xa andamos a traballar na que será a VIII edición do Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional que se celebrará entre os días 20-22 de Decembro do presente ano, tendo o seu acto central o Sábado 21 as 19 h. no Polideportivo de O Picouto. Se queredes ver toda a información podedes visitar a páxina web propia www.festivalrebulir.com 

@S CATIV@S DE REBULIR NO PROGRAMA LUAR

   O vindeiro Venres día 22 de Novembro o noso grupo xuvenil, xunto co grupo de música tradicional estarán actuando no programa Luar da Televisión de Galicia, onde bailarán a Muiñeira montañesa. Para nós será un pracer pisar o plató 1000 de Montouto, esperamos que vos guste a nosa actuación. 
Para inscribirvos no OBRADOIRO DE PEITEADO TRADICIONAL debedes cubrir o seguinte FORMULARIO E facernos chegar o voso pago. Recordade que no obradoiro inclúese o material e un certificado de asistencia.  AVISO: Para facilitar o PAGO poderedes pagar o propio día do obradoiro en efectivo, pero previamente teredes que estar inscrit@s. 

OBRADOIRO DE PEITEADO TRADICIONAL. Con Andrea Pino

Aquí vos presentamos o primeiro Obradoiro que faremos neste curso 2013/2014, que será de Peiteado tradicional. Neste aprenderemos as diferentes técnicas e modelos que nos axudarán a ser fieis as nosas tradicións. O obradoiro estará impartido por Andrea Pino, quen ademáis de adicarse ao mundo da perruqueria leva moitos anos traballando no eido de diferentes agrupacións e colectivos de música tradicional, o que lle aporta un amplo bagaxe neste senso.  A  MATRÍCULA  efectuarase a partir do día 1 de Novembro cubrindo un  FORMULARIO  que estará dispoñible nesta mesma páxina e facendo tamén o  INGRESO  do importe do obradoiro (6 euros socios de Rebulir e 12 Euros non socios).  Para calquera dúbida podedes contactar connosco no email rebulir@hotmail.com ou ben no teléfono 639 908 005. 

HORARIOS CURSO 2013/2014

RECORDADE que o prazo para formalizar a vosa INSCRIPCIÓN remata o 31 de Outubro.

COMEZAMOS O CURSO 2013-2014

Un Setembro máis a Asociación Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás presentará as actividades do curso. O Sábado día 28 de Setembro as 18:00 h., convocamos a todos aqueles pais,nais, familiares e interesad@s a unha xuntanza onde se presentarán os horarios, profesorado, grupos, actividades... e todas as novidades para o ano 2013/2014.  Tras este acto de apertura organizamos  unha asamblea aberta onde a directiva actual da asociación presentará o balance económico e as actividades previstas; ademáis @s soci@s poderán facer todas aquelas preguntas, suxerencias, críticas ou propostas que consideren oportunas para o mellor funcionamento desta entidade. Esperamos con isto seguir crecendo a nivel artístico, como grupo de baile e música tradicional; pero tamén como asociación de persoas que traballan con obxectivos comúns e onde a finalidade última é facer da cultura tradicional unha actividade de lecer de calidade. Convidamosvos a participar deste acto de aper...

SEGUINTE PARADA... PORTUGAL

Pecharemos as actuacións do verán no país veciño, Portugal. Ata alí nos iremos convidados polos amigos do Etnografico de Vila Praia de Áncora, quen organizarán un Festival Ibérico na localidade de Caminha o vindeiro 14 de Setembro. Unha vez máis os nosos grupos de cantareiras, músicos e grupo de baile desplazarémonos para ofrecer o mellor do noso folclore. 

SEGUIMOS DE FESTA EN FESTA. IMOS A ESCUDEIROS

O vindeiros Sábado día 31 un pequeno grupo de músicos de Rebulir imos para Escudeiros para amenizar a cea e queimada dos veciños. A partir das 22 h. andaremos polo Centro Cultural do Pobo, e prometemos festa !! Graciñas a comisión por convidarnos un ano máis. 

O XOVES 22 ACTUAMOS EN OUTOMURO

O Xoves día 22 teremos unha mañá completiña nas festas do Mundil en Outomuro (Concello de Cartelle), onde teremos o seguinte programa: 10:00 h. Alborada con dous grupos de Gaiteiros da Asociación 12:30 h. Tocaremos na celebración relixiosa 13:30 h. As nosas cantareiras e grupos de baile tradicional (Adultos e Medianos) actuarán no campo da festa facendo unha completa mostra de música tradicional. 

SEGUINTES CITAS

Xa chegados das Illas Canarias onde pasamos moi boas xornadas, os de Rebulir seguimos a traballar... as seguintes citas son estas: - 22 de Agosto: Festas do Mundil (Outomuro - Cartelle). Onde actuarán os nosos grupos de baile, gaita e cantareiras. - 31 de Agosto: Festas da Santa Bárbara de Escudeiros (Ramirás) - 14 de Setembro: Festival de Folclore en Caminha (Portugal) En canto teñamos máis información das diferentes citas xa a iremos colgando. 

MARCHAMOS PARA GRAN CANARIA

Desde o Martes día 30 de Xuño e ata o 8 de Agosto , un grupo de 25 rebuldeiros entre músicos, e bailadores partiremos para a Illa de Gran Canaria onde teremos a honra de facer unha serie de actuacións representando o rico folclore galego. En primeiro termo estaremos no Festival Nacional de Folclore da Illa de Gran Canaria que se desenvolve en diferentes municipios da Illa, e que está organizado pola Agrupación Estrella y Guía, sendo a súa gala central o Domingo día 4 de Agosto.  Tamén cabe destacar a participación no Festival Internacional de Folclore de Ingenio, un dos máis importantes a nivel Estatal e mesmo Europeo, estando recoñecido polo organismo CIOFF, un órgano vinculado a UNESCO. A Gala central deste Festival será restransmitida por TVE, Antena 3, Televisión Canaria e Este Televisión, polo que poderedes ver o noso paso por ese festival. No seguinte enlace podedes ver o folleto deste Festival. PROGRAMA do Festival de Ingenio Temos que destacar ata as illa...

REBULIR NAS FESTAS DA SANTA ANA 2013 (O PICOUTO - RAMIRÁS)

O Grupo de Música Tradicional de Rebulir actuará nas Festas de Santa Ana de O Picouto (Ramirás) os días 27 e 28 de Xullo. O 27 faremos a procesión e a animación da cea e o 28 de mañá teremos a misa e sesión vermut. 

IMOS AO I FESTIVAL XIRONDIÑA (LUMEIRADA DE PONTEDEVA)

Este Sábado as 19:30 h. Rebulir participará no I Festival que organiza a Asociación Xirondiña de Pontedeva. Ata alí se desprazarán o grupo xuvenil e o grupo de adultos de baile, así como o grupo de cantareiras e o grupo de música tradicional. Será para nós un pracer compartir escenario cos amigos do grupo anfitrión e tamén con Os Furafollas de Oroso (A Cañiza). Moitas grazas a organización por contar co noso grupo para esta edición (que ben seguro será a primeira de moitas) do voso festival. 

FESTA DE PECHE DE CURSO E OBRADOIRO PANDEIROS

Chegamos ao fin de curso e pra pechalo con bo sabor de boca argallamos unha serie de actividades para os rebuldeir@s, amigos, familiares e simpatizantes da causa. Velaquí vos deixamos o cartaz e a programación. AVISO:  Por motivos alleos a Rebulir, o Festival de Peche de curso desenvolverase o Lúns día 24 as 20:00 h. no Salón de Actos de O Picouto. Para inscribirse no obradoiro debedes cubrir o seguinte: BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN IMPORTANTE: Para confirmar a vosa matrícula debedes abonar na seguinte conta bancaria o importe correspondente. Logo facédenos chegar o xustificante a rebulir@hotmail.com.  -Número de conta: NovaGaliciaBanco  2080 5331 35 3040004945   -Destinatario: Asociación Cultural Rebulir -Concepto: Obradoiro Pandeiro + Nome Xosé Maceda                                   É membro do grupo Quempallou, e mestre de baile e música tradicional...

REBULIR NOS VENRESPIRAR DE OURENSE

O vindeiro Venres día 7 o noso grupo de música tradicional e as nosas cantareiras estarán no Venrespirar que organizan as asociacións Algarabía e Gomes Mouro. A cita é na Praza das Mercedes a partir das 22:30 h..  Previamente as 20:30 h. comezará o Venrespiriño, esto é unha festiña/obradoiro para que os máis novos se mergullen no baile e música tradicional.  O dinamizador do baile e o obradoiro será o noso profesor Alexandre Sotelino. Quedades convidad@s!!! a festa promete boa !!!  

A EXPERIENCIA DE REBULIR NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O vindeiro mércores 22, o noso compañeiro Álvaro Pérez Marqués exporá o proxecto e experiencia de Rebulir na mesa redonda "Agora ti tes a palaba... en lingua galega". A cita é as 17:00 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación. Este acto enmárcase na celebración da Semana das Letras de dita Facultade, e organizado pola Comisión de Normalización Lingüistica.  Desde Rebulir dámoslle as grazas a organización por acordarse de nós, e desexámoslle moita sorte a Álvaro na súa presentación. 

XII ROMERIA RAIGAME 2013.

Un ano máis polo 17 de Maio, e xa van uns cantos, Rebulir non pode faltar acudirá fiel a cita da Romería Raigame en Vilanova dos Infantes que xa vai pola súa XII edición.  Este ano participarán todos os alumnos da nosa escola (músicos, cantareiras, bailador@s...), e o noso programa particular  (Conxuntamente coa Escola de Baile de Pontedeva)  será o seguinte: - 11:20 h. Saída en Pasarrúas desde a Igrexa de Vilanova - 11:30 h. Actuación na Praza Tralacerca. 1. Grupo de Cantareiras Senior 2. Grupo Infantil Rebulir (Pandeirada dos nenos) 3. Escola de Baile de Pontedeva (Muiñeira de Deva) 4. Grupo Xuvenil Rebulir (Muiñera da Montaña) 5. Grupo Adultos Rebulir (Muiñeira dos Ancares) - 12:00 h. Actuación na Praza Maior.    1. Grupo Infantil Rebulir (Pandeirada dos nenos) 2. Escola de Baile de Pontedeva (Muiñeira de Deva) 3. Grupo Xuvenil Rebulir (Muiñera da Montaña) 4. Grupo Adultos Rebulir (Mallao e Muiñeira de Esperanzo)

REBULIR NAS ILLAS CANARIAS

Cartel Festival Int. Ingenio 2012 O Colectivo Rebulir participará representando a Galicia en dous Festivais na Illa de Gran Canaria. Desde o 30 de Xullo ao 7 de Agosto unha boa delegación de bailadores, músicos e cantareiras estarán polo arquipelago; primeiramente no " Festival Nacional de Folclore da Illa de Gran Canaria " e tamén con participación no " Festival Internacional de folclore Villa de Ingenio ".  Cartel Festival Nac. Folclore Gran Canaria 2012 Alí, ademáis de en numerosas actuacións e mostras, levaremos a cabo obradoiros de baile, degustacións gastronómicas, exposición de traxes... co cal a participación será completa.  Velaquí unha pequena mostra do Festival do Festival Internacional de Ingenio. https://www.youtube.com/watch?v=3qXJ-EbF8bA

VII NOITE DE FIADEIRO 2013

Xa podedes chegar todas as novidades da que será a VII edición da Noite de Fiadeiro na páxina web que temos habilitada para a ocasión, velaquí vos deixamos o enlace: http://www.noitedefiadeiro.com/

SEGUIMOS AMPLIANDO...

En Rebulir seguimos ampliando material; nas derradeiras semanas tivemos ampliado o noso instrumental con: - Pandeiretas - Pandeiras - Gaitas e Punteiros - Bombo e plato - Arranxo de tamboriles   Tamén é moi destacable o traballo que estamos facendo por ampliar o noso vestiario. Elaborando diferentes pezas e traxes para os nosos cativos; e tamén para os adultos.  Por outra banda, tamén estamos en periodo de recolleitas por diferentes zonas que ampliarán o noso repertorio e arquivo.  En breve veredes resultado de todo isto e cremos que serán do agrado de tod@s !  SEGUIMOS ! NON VALE PARAR !

AVISOS

AVISO 1: O pasado Sábado fixose no local o sorteo entre os socios de Rebulir do Xamón que quedara deserto en Nadal, e número agraciado foi o do noso compañeiro Alfonso Pateiro Álvarez, que pode recoller o premio no local cando o desexe.  AVISO 2: Este Sábado día 9, o grupo de baile de adultos NON terá ensaio. As demáis actividades mantéñense con normalidade. As clases do grupo dos medianos, e o grupo de iniciación de adultos será levadas por Ángela. 

MONOGRAFICO: O Tratamento da Voz na Música Tradicional

AVISO: O Monográfico desenvolverase finalmente no Local de Rebulir (Centro Sociocultural de San Andrés - Vilavidal).  Para inscribirse podedes facelo no seguinte FORMULARIO  ata o 17 de Febreiro. (PRAZAS CUBERTAS. Se te inscribes pasarás a lista de agarda) INDICACIÓN: Este monográfico está dirixido para persoas que xa saiban algo de canto (NON é de iniciación) Xiana Lastra                                                        De profesión Xornalista leva adicandose a música desde nova. Deste xeito, cursou estudos de Piano (Conservatorio de Ferrol) e de Canto e técnica vocal. Leva colaborado e traballado con grupos como: O Orfeón a Nosa Terra, Ledicia, Árdelle o Eixo, Supersandwich, Pito de Pikaso, Mini e Mero, María Manuela, Balandraka e Odaiko.  Entre os seus últimos proxectos atópase libro-disco " O ...

IMOS AO CONCURSO "A Caza do Folclore"

  O Vindeiro día 26 de Xaneiro o Colectivo Rebulir participaremos no concurso de Baile e Música Tradicional "A Caza do Folclore" que se celebra en A Cañiza (Pontevedra). A nosa intervención será as 17:30 h. e tentaremos dar o noso mellor nivel para facernos co primeiro premio. 

NUMERO GAÑADOR LOTE DE PRODUTOS DO PAIS

A rifa rebuldeira que gañou o LOTE DE PRODUTOS DO PAIS que aparece na imaxe é a número 875.   Poderá recollerse no local de Rebulir os Sábados de 16:00 h a 19:00 h. ata finais do mes de Xaneiro de 2013. 

CELEBRACIÓN E CANTOS DE REIS 2013