Ir al contenido principal

OBRADOIRO DE PEITEADO TRADICIONAL. Con Andrea Pino

Aquí vos presentamos o primeiro Obradoiro que faremos neste curso 2013/2014, que será de Peiteado tradicional. Neste aprenderemos as diferentes técnicas e modelos que nos axudarán a ser fieis as nosas tradicións.

O obradoiro estará impartido por Andrea Pino, quen ademáis de adicarse ao mundo da perruqueria leva moitos anos traballando no eido de diferentes agrupacións e colectivos de música tradicional, o que lle aporta un amplo bagaxe neste senso. 

MATRÍCULA efectuarase a partir do día 1 de Novembro cubrindo un FORMULARIO que estará dispoñible nesta mesma páxina e facendo tamén o INGRESO do importe do obradoiro (6 euros socios de Rebulir e 12 Euros non socios). 

Para calquera dúbida podedes contactar connosco no email rebulir@hotmail.com ou ben no teléfono 639 908 005. 

Comentarios