Ir al contenido principal

COMEZAMOS O CURSO 2013-2014

Un Setembro máis a Asociación Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás presentará as actividades do curso. O Sábado día 28 de Setembro as 18:00 h., convocamos a todos aqueles pais,nais, familiares e interesad@s a unha xuntanza onde se presentarán os horarios, profesorado, grupos, actividades... e todas as novidades para o ano 2013/2014. 

Tras este acto de apertura organizamos  unha asamblea aberta onde a directiva actual da asociación presentará o balance económico e as actividades previstas; ademáis @s soci@s poderán facer todas aquelas preguntas, suxerencias, críticas ou propostas que consideren oportunas para o mellor funcionamento desta entidade.

Esperamos con isto seguir crecendo a nivel artístico, como grupo de baile e música tradicional; pero tamén como asociación de persoas que traballan con obxectivos comúns e onde a finalidade última é facer da cultura tradicional unha actividade de lecer de calidade.

Convidamosvos a participar deste acto de apertura, e damosvos a benvida ao novo curso. 

Comentarios