Ir al contenido principal

IMOS AO I FESTIVAL XIRONDIÑA (LUMEIRADA DE PONTEDEVA)

Este Sábado as 19:30 h. Rebulir participará no I Festival que organiza a Asociación Xirondiña de Pontedeva. Ata alí se desprazarán o grupo xuvenil e o grupo de adultos de baile, así como o grupo de cantareiras e o grupo de música tradicional.

Será para nós un pracer compartir escenario cos amigos do grupo anfitrión e tamén con Os Furafollas de Oroso (A Cañiza). Moitas grazas a organización por contar co noso grupo para esta edición (que ben seguro será a primeira de moitas) do voso festival. 

Comentarios