Ir al contenido principal

MARCHAMOS PARA GRAN CANARIA

Desde o Martes día 30 de Xuño e ata o 8 de Agosto , un grupo de 25 rebuldeiros entre músicos, e bailadores partiremos para a Illa de Gran Canaria onde teremos a honra de facer unha serie de actuacións representando o rico folclore galego. En primeiro termo estaremos no Festival Nacional de Folclore da Illa de Gran Canaria que se desenvolve en diferentes municipios da Illa, e que está organizado pola Agrupación Estrella y Guía, sendo a súa gala central o Domingo día 4 de Agosto. 


Tamén cabe destacar a participación no Festival Internacional de Folclore de Ingenio, un dos máis importantes a nivel Estatal e mesmo Europeo, estando recoñecido polo organismo CIOFF, un órgano vinculado a UNESCO. A Gala central deste Festival será restransmitida por TVE, Antena 3, Televisión Canaria e Este Televisión, polo que poderedes ver o noso paso por ese festival. No seguinte enlace podedes ver o folleto deste Festival. PROGRAMA do Festival de Ingenio


Temos que destacar ata as illas  non solo levaremos a nosa música e baile. Os nosos traxes están nunha exposición no municipio de Ingenio desde o día 25 de Xullo. O Domingo día 4 de Agosto os guienses terán a oportunidade de ter unha degustación de productos da nosa zona:  Licor e Augardente, Queixos de Mantequeria A Lomba, Embutidos Flor de Galicia e tamén doces. E tamén levaremos para agasallar  pezas de oleria tradicional galega procedente do Alfareiro Agustín de Niñodeaguia que elaborou estes agasallos especialmente para nós. Con todo isto esperamos levar un pedaciño de Galicia para Gran Canaria. 

Comentarios