Ir al contenido principal

Entradas

Certame IDENTIFIC-ARTE 2025

A Asociación Rebulir convoca o certame IdentificARTE baixo o soporte das axudas de Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. Logo do éxito de anteriores edicións cunha alta participación, os creativos e creativas da Comarca de Terras de Celanova están de novo chamados/as a facer as súas propostas.  Velaquí deixamos as BASES da edición 2025 PARTICIPANTES  CATEGORIA ABSOLUTA (maiores de 12 anos): Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade. No caso de menores de idade (entre 12 e 18 anos, deberán aportar unha autorización das persoas titoras) CATEGORIA INFANTIL (menores de 12 anos): Poden concorrer todos os/as nenos/as que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade. Deberán aportar unha autorización das persoas titoras. A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. TIPOLOXÍAS DE TRABALLOS 1- Fotografía. Poderán presentarse instantáneas de espazos naturais, lugares emblemáticos, patrimonio material...
Entradas recientes

CURSO 2025-2026 - AC REBULIR

No Curso 2025-2026 Rebulir estará de 20 aniversario. Con tal motivo prepararase un programa especial de actividades ao longo de todo o ano.  Asemade, e como ven sendo habitual, impartiranse na Escola de Baile e Música tradicional as disciplinas de: Baile tradicional, Gaita, Percusión, Canto e Pandeireta e Acordeón. As aulas serán os Venres e sábados. Os horarios, profesorado e detalles serán comunicados nun acto de PRESENTACIÓN que terá lugar o venres día 26 de setembro de 2025 ás 20:00 h . no Salón de Actos do C.C. do Picouto (Ramirás)    As prazas nas diferentes actividades son limitadas, por tanto, se queres facer RESERVA da túa praza debes cumplimentar previamente este formulario. Debes saber que teñen prioridade as persoas matriculadas en cursos anteriores e os/as familiares de socios/as de Rebulir.  FAI A RESERVA DE PRAZA

A VERBENA DO RELLA 2025

 Chega unha nova edición da Verbena do Rella a Ramirás ! A cita será o 5 de Xullo de 2025 e teremos un amplo programa de actividades durante toda a xornada. ANÓTATE AQUI no obradoiro de baile PREMIOS "RABUÑA E GAÑA"

CANTAMOS O MAIO 2025 - OBRADOIRO PRANTAS COMESTIBLES

Chega Maio, o mes das flores, e recuperamos a actividade CANTAMOS Ó MAIO. Nesta edición de 2025, e como principal novidade, ofreceremos obradoiros e actividades durante todas as fins de semana do mes.  Velaquí tedes a programación.  ACTIVIDADE DE PRANTAS COMESTIBLES: - Saída de Campo - Degustación de prantas INSCRÍBETE AQUI

CONVOCATORIA ASAMBLEA - PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS

 Por esta vía, convócase ASAMBLEA XERAL da Asociación Cultural Rebulir para o día: 15 de Febreiro de 2025 19:45 h Polideportivo Municipal de O Picouto (Ramirás)  ORDE DO DÍA: 1. Aprobación, se procede, das contas da Asociación do ano 2024 2. Votación á candidatura presentada a Xunta directiva conformada por: - Sandra González Sousa con DNI 44490780V co cargo de Presidenta  - Alexandre Sotelino Losada con DNI  44454305C co cargo de Vicepresidente  - Susana Durán González con DNI 44480457K co cargo de Tesoureira - Roy José Ochoa Domínguez con DNI: 55476392R co cargo de Secretario - Nuria Rodríguez Fernández con DNI 45147974D con cargo de Vogal 1 - Andrea Fernández Estévez con DNI 76735035C co cargo de Vogal 2 - Rosa María Fernández Vieira con DNI 44452783Q co cargo de Vogal 3 - Silvia Álvarez Pérez con DNI 76748226D co cargo de Vogal 4 3. Rogos e preguntas No caso de delegar a asistencia deberase entregar un documento acreditativo que así o indique marcando o vot...

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS 2025

 A Xunta directiva da A.C. Rebulir ten acordado convocar eleccións á xunta directiva conforme se recolle nos estatutos desta entidade. Para isto, os prazos serán os seguintes: PRAZO 1-  Ata o 31 de Xaneiro de 2025 - Presentación de candidaturas  Poderán presentar candidaturas os socios/as coa cuota do curso 2024/2025 pagada.  Deberase formar candidatura con: Presidencia / Vicepresidencia / Secretaria / Tesoureria /  4 vocalías Todas as persoas deberán ser maiores de idade.  As candidaturas deberán enviarse ata as 23:59 h do 31 de Xaneiro ao email    rebulir@hotmail.com cos datos (apelidos, nome; dni e cargo proposto) das persoas    candidatas.   PRAZO 2 - Do 3 ao 9 de Febreiro de 2025 - Proclamación de candidaturas  DIA DE VOTACIÓN  - Sábado 15 de Febreiro de 2025 votación de candidaturas en Asamblea Ordinaria ás 19:45 h. no Polideportivo de O Picouto Nomeamento da nova Xunta Directiva do periodo 2025-2029

REIS MAGOS - Cantos de Reis - RAMIRÁS 2025

 As SS.MM. Os Reis Magos visitarán de novo Ramirás da mán da Asociación Rebulir contando co apoio do Concello de Ramirás e Protección Civil. Chegarán o día 5 de Xaneiro acompañados de paxes e garda real, e farán un percorrido nos seus vehículos oficiais por diferentes núcleos do Val do Tuño.  Neste 2025 as SS.MM. volverán a visitar a Residencia de Maiores de O Mosteiro e a tradicional recepción das nenas e nenos no Centro Cultural O Picouto. Posteriormente, diferentes membros da A.C. Rebulir percorrerán as aldeas e corredoiras da contorna cantando os reis como antano se facía.