Saltar ao contido principal

Publicacións

GALA BEIZÓN - 20 ANOS

  ENTRADAS PROXIMAMENTE Á VENDA EN ATAQUILLA Beizón é gratitude, bos desexos e recoñecemento cara a aquilo que valoramos e queremos celebrar. E precisamente con ese sentimento nace esta gala. Con Beizón queremos celebrar os 20 anos de Rebulir, dúas décadas de traballo, aprendizaxes, encontros, escenarios, viaxes, amizades e compromiso coa cultura tradicional. Unha gala na que facer un percorrido polo que fomos, somos e seremos. Un escenario para amosar parte do camiño realizado, para lembrar momentos e persoas que forman parte da nosa historia e, sobre todo, para volver reunirnos arredor do baile, da música e da cultura tradicional. Ao longo destes vinte anos, Rebulir foi medrando desde Ramirás para abrirse a Galicia e ao mundo, levando consigo unha maneira de entender a tradición como algo vivo, dinámico e compartido. Centos de persoas pasaron pola asociación, polos seus escenarios, polas aulas, polas viaxes e polos diferentes proxectos que foron dando forma ao que hoxe somos. Bei...
Publicacións recentes

CURSO 2026-2027

PREME AQUI PARA FACER A TÚA PREINSCRICIÓN A preinscrición NON asegura a túa praza nas actividades, crea unha orde de adcrición ata o límite do cupo marcado en cada disciplina e nivel. Terán PRIORIDADE as persoas que xa estiveron matriculadas en cursos anteriores.  O 26 de SETEMBRO teremos a presentación de horarios, profesorado, grupos, actividades... vente ás 17:30 h. ao Salón de Actos do Centro Social do Picouto !  UBICACIÓN  

A VERBENA DO RELLA 2026

Chega unha nova edición da Verbena do Rella a Ramirás ! A cita será o 4 de Xullo de 2026 e teremos un amplo programa de actividades durante toda a xornada. UBICACIÓN:   https://maps.app.goo.gl/7LiPKZsJVmLLurzC6  INSCRÍBETE NOS OBRADOIROS PREMENDO AQUÍ     ( OBRADOIROS COMPLETOS , Se te anotas será para crear LISTA DE AGARDA ) CONSULTA O TEU RABUÑA E GAÑA Se queres vir en AUTOCARAVANA recomendamos dúas zonas para poder aparcala, aqui che deixamos as ubicacións: ZONA 1 (Máximo 5 Autocaravanas):  https://maps.app.goo.gl/hMBQEvMg9gJPWS3M6 ZONA 2 (Máximo 10 autocaravanas):  https://maps.app.goo.gl/NW5VXDSgWXMQbzWP6 IMPORTANTE: A organización NON se fai responsable do aparcamento, reserva e mantemento do espazo. Agradécese o civismo e o coidado do medio rural. 

CANTAMOS O MAIO 2026

INSCRÍBETE AQUÍ NESTA ACTIVIDADE (25 prazas por orde de inscrición) :   PREME AQUI   

CONVOCATORIA de ASAMBLEA XERAL ordinaria 2026

Por esta vía, convócase ASAMBLEA XERAL  ordinaria da Asociación Cultural Rebulir para o día: 11 de Abril de 2026 20:15 h Polideportivo Municipal de O Picouto (Ramirás)  ORDE DO DÍA: 1. Aprobación do acta anterior (15 de febreiro de 2025) 2. Informe da directiva  3. Aprobación, se procede, das contas da Asociación do ano 2025 4. Rogos e preguntas No caso de delegar a asistencia deberase entregar un documento acreditativo que así o indique marcando o voto en cada punto da orde do día.  IMPORTANTE: Nesta xuntanza só poderán participar os socios/as coas contas ao día e coa matrícula de socio/a para curso 2025-2026.  Asdo, O Secretario Roy José Ochoa Domínguez Vto e Prace: A Presidenta  Sandra González Sousa. 

CONVOCATORIA Cartel Verbena do Rella 2026

  Bases do Concurso de Cartel A Verbena do Rella 2026   A Asociación Cultural Rebulir convoca o Concurso de Cartel da Verbena do Rella 2026, co obxectivo de seleccionar a imaxe oficial que representará a próxima edición deste evento cultural e festivo.   1. Obxecto O obxectivo deste concurso é a selección do cartel oficial da Verbena do Rella 2026, que será empregado para a promoción e difusión do evento en diferentes soportes impresos e dixitais.   2. Participación Poderán participar todas aquelas persoas creadoras, artistas ou deseñadoras que o desexen, tanto de maneira individual como colectiva. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, sempre que sexan orixinais, inéditas e non presentadas previamente a outros concursos. No caso de participantes menores de idade, deberán seguir as intrucións que aparecen na parte de datos (punto 5). 3. Características das obras As propostas deberán cumprir os seguintes requisitos: O cartel ...

Certame IDENTIFIC-ARTE 2025

A Asociación Rebulir convoca o certame IdentificARTE baixo o soporte das axudas de Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. Logo do éxito de anteriores edicións cunha alta participación, os creativos e creativas da Comarca de Terras de Celanova están de novo chamados/as a facer as súas propostas.  Velaquí deixamos as BASES da edición 2025 PARTICIPANTES  CATEGORIA ABSOLUTA (maiores de 12 anos): Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade. No caso de menores de idade (entre 12 e 18 anos, deberán aportar unha autorización das persoas titoras) CATEGORIA INFANTIL (menores de 12 anos): Poden concorrer todos os/as nenos/as que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade. Deberán aportar unha autorización das persoas titoras. A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. TIPOLOXÍAS DE TRABALLOS 1- Fotografía. Poderán presentarse instantáneas de espazos naturais, lugares emblemáticos, patrimonio material...