30 jul. 2018

PREMIOS REBULIR DA CULTURA GALEGA 2018

Reunida en sesión ordinaria o Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega, o 30 de Xullo de 2018, as 9:00 h. no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense deciden outorgar por unanimidade os seguintes galardóns na súa edicións 2018:

- Música Galega: Guadi Galego
- Artes Escénicas: Carlos Blanco Vila
- Premio Homenaxe: Romaría Raigame

A Gala de entrega terá lugar o Sábado 22 de Decembro as 19:00 h. no Complexo Polideportivo de O Picouto, no marco da Gala Central do Festival Internacional Rebulir



24 jul. 2018

Rebulir en Amiudal - Avión

Rebulir segue coa súa xira de actuación veraniegas e agora chega a Amiudal (Concello de Avión) no marco da programación das festas deste pobo ourensán. 

Ata alí nos desprazaremos os grupos oficiais de música tradicional, baile tradicional, pandereteiros/as; e tamén se unirá o Grupo A de baile . Deste xeito, 45 persoas sobre o torreiro animarán aos espectadores durante os 90 minutos que durará a nosa intervención, e que terá lugar en dous pases. O primeiro as 19:30 h. e o segundo as 20:30 h. 

11 jul. 2018

O FIR ven de ser recoñecido co selo do "Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018" #europeforculture

O Festival Internacional Rebulir ven de conseguir o distintivo do "Ano Europeo do Patrimonio Cultural" da Comisión Europea. #EuropeForCulture

Este distintivo concédeselle desde o Ministerio de Cultura a todas aquelas iniciativas que son evaluadas positivamente como actividades que promoven os valores culturais, sendo o eslogan desta iniciativa "Nuestro patrimonio: Donde el pasado se encuentra con el futuro - Our future. Where the past meet the future".

O obxectivo desta campaña é concienciar sobre a contribución e repercusión positiva do patrimonio cultural europeo á economía, a sociedade, o turismo, o emprego, as relacións con terceiros países, a diversidade cultural, a inclusión social e o diálogo intercultural. E deste xeito, promover, compartir e apreciar o patrimonio cultural europeo como un recurso universal, para concienciar sobre os valores e a historia colectiva.

Así, todos os soportes da XIII edición deste evento incluirán o logotipo elaborado pola Comisión Europea, e que recoñece o valor desta actividade como proposta intercultural.

10 jul. 2018

Rebulir en Cartelle

Este Sábado día 14 de Xullo as 20:30 h. poderedes ver unha actuación de Rebulir Cultura Tradicional no marco da programación das Festas San Benito 2018 do Concello De Cartelle. Alí estaremos as diferentes seccións de Rebulir: Grupo de Música tradicional, pandereteiras e pandeireteiros e grupo de baile.
Grazas a comisións por contar connosco e sobretodo parabéns por programar música tradicional