22 dic. 2015

NUMEROS PREMIADOS LOTERIA DE NADAL

OS NUMEROS PREMIADOS DAS NOSAS RIFAS SON:

1º PREMIO= 140 = Unha fin de semana en Balneario Caldaria
2º PREMIO = 775 = Unha cesta de productos galegos
3º PREMIO = 163 = Lote de productos galegos

Contactade con Rebulir (rebulir@hotmail.com) para recoller o voso premio.

1 dic. 2015

O X FESTIVAL INTERNACIONAL REBULIR - FIR_2015 ESTÁ EN MARCHA


Achégase o evento máis importante da axenda anual rebuldeira, esto é o FIR (Festival Internacional Rebulir). En pasadas datas foi presentado o cartal que aquí vos deixamos e tamén o vídeo de presentación. 



Toda a información relativa a este evento multi e intercultural tédela na web habilitada a tal efecto www.festivalrebulir.com 

16 sept. 2015

CURSO 2015/2016 e Apertura do X ANIVERSARIO

O vindeiro 25 de Setembro, as 20 h. no Salón de Actos do PICOUTO teremos o acto de apertura do Curso 2015/2016. No transcurso do mesmo presentaremos os novos horarios, profesorado, grupos... e como non, todas as actividades que temos programadas. 

Neste curso a Asociación Cultural Rebulir cumple os seus primeiro 10 anos de vida, e para elo temos preparada unha serie de actividades para celebrar este fito. A primeira será o X FIR_2015 (Festival Internacional Rebulir), que terá lugar entre os dias 17 ao 20 de Decembro con moitas actividades e convidados especiais. 

Ao finalizar este acto, teremos a Asamblea Anual de Socios, onde se farán publicas as contas da asociación, e escoitaranse as suxerencias, críticas e melloras que se propoñan. 

31 ago. 2015

E ven un SETEMBRO cargadiño de datas na nosa AXENDA...




Para darlle un bo peche a un verán con moitas citas na nosa axenda, nós seguimos con un mes de Setembro cargadiño de eventos e festas nas que participaremos:

- 5 de Setembro - Queimada popular de Escudeiros (Ramirás) - Grupo de Música tradicional -
- 6 de Setembro - Festas da Santa Bárbara de Escudeiros (Ramirás) - Grupo de Música tradicional -
- 12 e 13 de Setembro - XII Encontro Infantil de Folclore de Cacia (Aveiro - Portugal) - Grupo B da escola e Grupo de Música Tradicional
- 12 de Setembro - Serán das Tarambainas (Vigo) - Pandereteiras
- 26 de Setembro - Festa da Bela Auria (Ourense) - Pandereteiras e duas parellas de baile.

18 ago. 2015

ARRINCAMOS CARA PORTUGAL

Os grupos oficiais de Rebulir (Baile, pandereteiras e músicos) marcharemos desde o 20 ao 23 de Agosto a facer unha breve, pero intensa xira polo país veciño. Primeiramente iremos cara a cidade de Lisboa onde o día 21 teremos varias visitas e encontros. Posteriormente, o día 22, participaremos no Festival Int. de Corroios en Setúbal, e xa o Domingo 23 actuaremos no Áncora Folk en Vila Praia de Áncora, compartindo escenario con grupos de Europa e África. 

Ben seguro será unha experiencia de moito proveito para as 30 persoas que ata alí nos desprazamos.  

22 jul. 2015

SEGUINTES PARADAS para AGOSTO

 
Hoxe (22 de Xullo) os nosos gaiteiros estiveron tocando de novo en Freáns de Pontedeva para festexar a Festa da Santa Maria Magdalena e acompañar a procesión da Santa. Pero temos un mes de Agosto cargadiño de datas que nos levarán por diferentes recunchos da Provincia, e mesmo a transpasar as
nosas fronteiras.

- 6 de Agosto - Festas de Xirarga (Beariz) (Gaiteiros)
- 9 de Agosto - Festas en S. Salvador de Penosiños (Ramirás) (Gaiteiros e Pandereteiras) 
- 14 de Agosto - Festival en Pobladura de Aliste (Zamora) (Grupos oficiais)
- 20 - 22 de Agosto - Festival en Corroios (Lisboa - Portugal) (Grupos oficiais)
- 23 de Agosto - Festival en Vila Praia de Áncora (Portugal) (Grupos 
oficiais)

14 jul. 2015

E Seguimos... imos a Freáns de Pontedeva

Esta fin de semana seguimos coa nosa particular xira de verán, e de novo voltaremos a recaer polas veciñas terras de Pontedeva. Ata alí irá o noso grupo de música tradicional para acompañar a procesión da Santa Maria Magdalena de Freáns e amenizar a sesión vermút o vindeiro Sábado día 18 de Xullo. 
Grazas a comisión de festas por contar connosco.  

6 jul. 2015

III Festival Xirondiña - Pontedeva


Un ano máis os amigos e veciños de Xirondiña de Pontedeva convidaronnos ao seu Festival que se celebrará o vindeiro Sábado 11 de Xullo as 20 h. na área recreativa de Freáns. Alí compartiremos escea con grupos amigos como son O Castriño de Rebordechán e As Tarambainas, ademais do propio grupo anfitrión. 
Desta vez participarán os nosos grupos da escola xunto con pandereteiras e grupo de música tradicional.
Esta actividade enmárcase dentro da Lumeirada do Río Deva onde tamén se contempla unha actuación do grupo folk Muxarega das Pontes. 
Quedades convidad@s !!!


23 jun. 2015

PECHE DE CURSO E I ENCONTRO C@NTADAS


Chegamos un ano máis ao peche de curso, e para celebrar esta data vimos de organizar un programa de actividades para que socios, amigos e familiares nos xuntemos e poñamos a guinda a uns meses de traballo e boas experiencias.

Ao tradicional festival de fin de curso, onde actuarán todos os grupos da nosa escola, este ano sumamos unha nova actividade que é o I Encontro de C@ntadas. 

Este Encontro  pretende   dar a coñecer as experiencias, historias de vida, lendas, contos, anécdotas, retrancas... en definitiva, o patrimonio oral da comarca. Para esto contarase coa testemuña de veciños e veciñas das diferentes parroquias, nesta primeira edición participarán:

 - D. Jose Ramón Cabano
Párroco de Penosiños e Escudeiros
 - D. Celso Macias
Levadeiro
- D. Carlos Méndez
Mestre e escritor


Tamén fará a súa intervención un dos Contacontos mais recoñecidos a nivel galego e estatal, este é Celso Fernández Sanmartín, que coa antiga arte de contar tentará tranmitir aos presentes antigos contos e historias que el mesmo leva recollido na súa traxectoria vital. 

A nosa intención é poder reproducir con certa frecuencia estes encontros implicando na súa dinámica a diferentes veciños e veciñas, para que o coñecemento acumulado nas memorias colectivas non se perda e siga o ciclo que veu cumplindo ata o momento. 

16 jun. 2015

Un ano mais nos VENRESPIRAR

As nosas pandereteiras volverán un ano máis a participar nos Venrespirar de Ourense. Concretamente será este Venres día 19, a partir das 21 h. na terraza da Cafeteria Mirador de San Francisco, na cidade de Ourense. Alí compartiremos a noite con bos amigos como Candaira, Xuá da AOFT Gomes Mouro, Algaravía... 

E pola tarde o noso profe de baile, Alexandre Sotelino será o encargado de desenvolver o Venrespiriño. Esto é, un obradoiro de baile tradicional e xogos para cativos e cativas. Será no Parque das Mercedes a partir das 20 h. 

Graciñas a organización por contar un ano máis con nós. 

4 jun. 2015

Empezamos a tempada de Verán

En Rebulir comezamos as actuacións de Verán, e como non podía ser doutro xeito empezamos un ano máis nas festas do San Antonio do Viso (Ramirás), onde sempre é un pracer tocar. Deste xeito, o Sábado día 13 acompañaremos a procesión desde San Andrés ata o Viso e posterioremente animaremos a tardiña ata o comezo da Verbena. 

Despois desta, afrontamos unha cargada axenda de eventos:

- 13 de Xuño - Festas do San Antonio do Viso (Ramirás) (Gaiteiros + Pandereteiras)
- 19 de Xuño - Venrespirar (Ourense) (Pandereteiras) 
- 26 de Xuño - Festival Peche de Curso (Toda a escola)
- 27 de Xuño - Festas en Pontedeva (Gaiteiros)
- 11 de Xullo - Lumeirada do Rio Deva (Pontedeva) (Grupo C + B + A de Baile, pandereteitas e músicos)
- 14 de Agosto - Festival en Pobladura de Aliste (Zamora) 
- 20 - 22 de Agosto - Festival en Corroios (Lisboa - Portugal) 
- 23 de Agosto - Festival en Vila Praia de Áncora (Portugal)
- 12 e 13 de Setembro - Festival Infantil de Cacia (Aveiro - Portugal)

25 may. 2015

E Chega a IX edicion da NOITE DE FIADEIRO

Nos pasados días foi presentado o programa da IX edición da Noite de Fiadeiro, que se celebrará o vindeiro Sábado día 30 en Vilavidal (Ramirás). Esta festa nacía no ano 2007 coa intención de recuperar a esencia daqueles Fiadeiros que antano se celebraban na Comarca de Celanova, e que actualmente estaban perdidos. Deste xeito, ano a ano foise consolidando esta celebración e actualmente é unha das festas con máis sona no eido da cultura tradicional na Provincia de Ourense e en toda Galicia. 

Neste ano 2015 desde a organización elaboraron un  programa de actividades para toda a xornada, que contempla obradoiros, proxeccións, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. 
A gran novidade desta edición é o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano. Chegada as 21 h. máis de 30 colectivos de música tradicional de diferentes puntos da xeografia galega chegarán a Vilavidal para comezar a actividade central, esto é a Noite de Fiadeiro. Mais info e programa no seguinte enlace: 

9 may. 2015

RESULTADOS ELECCIÓNS 2015

Despois da xornada de votacións que se desenvolveu no día de hoxe, o resultado das eleccións a xunta directiva deste 2015 foron:

- Número de Votantes = 20 (Sobre total de 45 -socios maiores de idade-) 
- Votos a favor da candidatura presentada = 18 votos
- Votos Nulos = 2 votos

Nova DIRECTIVA RESULTANTE:

- Alexandre Sotelino Losada (Presidente)
- Concepción Ferreira Vieiro (Vicepresidenta)
- Susana Durán González (Tesorera)
- Antía Vázquez Rodríguez (Secretaria)
- Sandra González Sousa (Vogal 1)
- Lucia Teixeira Ferreira (Vogal 2)
- Ángela González Amoeiro (Vogal 3)
- Sophia M. Ochoa Domínguez  (Vogal 4)

21 abr. 2015

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A XUNTA DIRECTIVA

Tal e como establecen os estatutos da asociación, este curso toca convocar eleccións a Xunta Directiva de Rebulir.

Reunida a actual Xunta en sesión extraordinaria no mes de Abril decidiuse establecer a votación para o Sábado 9 de Maio de 2015, no propio local da Asociación (Pza. San Andrés - S/N. Vilavidal, Ramiras) onde se establecerá unha furna destinada a tal fin. O horario de votación será de 16 h. a 20 h., co seu posterior escrutinio. 

Para poder exercer o dereito a voto, ou presentar candidatura, deberase ser socio da Asociación Cultural Rebulir, de maneira previa a esta convocatoria. 

Nestes dias está aberta a presentación de candidaturas, ata o vindeiro 3 de Maio, segundo os criterios establecidos nos estatutos da asociación e na acta respectiva da xunta directiva.

30 mar. 2015

Participamos no CONCURSO TEQUEXETÉLDERE (A Estrada)

A Escola Rebulir participará no prestixioso concurso de Baile e Música Tradicional "Tequexetéldere", que terá lugar na Estrada (Pontevedra) o día 19 de Abril deste 2015. Os/as nosos/as bailadores/as competirán, acompañados das pandereteiras e grupo de música tradicional,  en dúas das catro categorias posibles:

-Categoría C: de 12 a 16 anos. (Grupo A da AC Rebulir)
-Categoría D: máis de 16 anos (Grupo Oficial da AC Rebulir)

Cabe destacar que neste concurso, que xa vai pola súa XI edición, participan decenas de grupos chegados de toda Galicia, e onde o nivel artístico é moi alto. Pola nosa parte tentaremos facer o mellor papel posible, e aproveitar para pasar unha xornada de convivencia con outros colectivos. 

16 mar. 2015

OBRADOIRO de construcción de PANDEIROS CADRADOS con Xosé Maceda

AVISO: O obradoiro está COMPLETO, no caso de que haxa máis demandas convocaremos unha nova edición máis adiante. 

Dado o éxito de anteriores edicións reeditamos o OBRADOIRO de construcción de PANDEIROS CADRADOS con Xosé Maceda. Será o vindeiro Domingo 29 de Marzo as 16:00 h. no noso local.



Poderedes inscribirvos entre o martes 17 de Marzo e o Xoves 26, cubrindo o seguinte 


Xosé Maceda                                  

É membro do grupo Quempallou, e mestre de baile e música tradicional en diferentes escolas. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estevez, X.L. Romero,… Ademáis leva impartido numerosos obradoiros, cursos e monográficos por moitos puntos da xeografía galega. 

15 mar. 2015

ACTUACIÓN NA RESIDENCIA DO MOSTEIRO

O Vindeiro Sábado 21 de Marzo as 19:30 h., no marco da celebración do día do Pai, actuaremos na Residencia da Terceira Idade de O Mosteiro (Ramirás). 
A actuación durará aproximadamente uns corenta minutos e intervirán o noso grupo de música tradicional, o grupo de pandereteiras, o grupo A de baile tradicional e o grupo oficial de baile tradicional. 
Ben seguro será unha festa bonita, nos así o tentaremos. 

3 feb. 2015

CURSO de ELABORACIÓN DE COLARES TRADICIONAIS con Eva Barona

Se queres aprender a elaborar o teu propio colar tradicional para engalanar o traxe galego, en Rebulir dámosche a oportunidade de aprender a facelo.

O vindeiro 28 de Febreiro, as 11 da mañá organizamos un curso que terá por finalidade a elaboración dun colar que logo cadaquén levará para as súas casas e poderá lucir sempre que queira. Este curso será impartido por Eva Barona, quen ten longa experiencia na elaboración deste complemento do traxe, e mesmo se adica a venda deles. Podedes ver algúns dos seus traballos en Colares e Fundas .

A matrícula estará aberta desde o día 10 de Febreiro nesta mesma web, e terá un custe de 18 Euros para as/os socios de Rebulir, e de 23 para aquelas persoas que non sexan socias. O curso ten un límite de 17 prazas, co cal non vos descoidedes se non queredes quedar sen a vosa. 

- Preme no enlace -




20 ene. 2015

COLABORAMOS COA HOMENAXE A MANUEL GONZÁLEZ "O MAZICO"

O noso grupo de música tradicional participará este Sábado día 24 de Xaneiro no lugar de A Sacada (Ramirás) no acto de homenaxe a D. Manuel González "O Mazico". Deste xeito colaboraremos coa comunidade de Montes A Sacada a poñer en valor a figura deste veciño.  
A nosa intervención terá lugar durante a inaguración do mirador que levará o seu nome nos posteriores aperitivos que compartiremos con todos os asistentes.
Grazas a organización por ternos convidado. 

7 ene. 2015

ACTUAMOS NA GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS "O BOSQUE MÁXICO 2014"

O vindeiro día 17 de Xaneiro o noso grupo de pandereteiras e unha parella de baile actuarán na III Gala de Entrega de premios do Bosque Máxico, que organiza o Plan Vieiro-Leboreiro. Este acto desenvolverase no Salón de actos do Centro de Interpretación Aqua Querquennae en Bande, e comezará as 19 h. 

Compartiremos escena con diferentes grupos de Terras de Celanova e a Baixa Limia como o Grupo Folk/Rock Merilin non Roe, a coral de Poulo ou a Banda de Lobios.  
Máis información na web: