Ir al contenido principal

PECHE DE CURSO E I ENCONTRO C@NTADAS


Chegamos un ano máis ao peche de curso, e para celebrar esta data vimos de organizar un programa de actividades para que socios, amigos e familiares nos xuntemos e poñamos a guinda a uns meses de traballo e boas experiencias.

Ao tradicional festival de fin de curso, onde actuarán todos os grupos da nosa escola, este ano sumamos unha nova actividade que é o I Encontro de C@ntadas. 

Este Encontro  pretende   dar a coñecer as experiencias, historias de vida, lendas, contos, anécdotas, retrancas... en definitiva, o patrimonio oral da comarca. Para esto contarase coa testemuña de veciños e veciñas das diferentes parroquias, nesta primeira edición participarán:

 - D. Jose Ramón Cabano
Párroco de Penosiños e Escudeiros
 - D. Celso Macias
Levadeiro
- D. Carlos Méndez
Mestre e escritor


Tamén fará a súa intervención un dos Contacontos mais recoñecidos a nivel galego e estatal, este é Celso Fernández Sanmartín, que coa antiga arte de contar tentará tranmitir aos presentes antigos contos e historias que el mesmo leva recollido na súa traxectoria vital. 

A nosa intención é poder reproducir con certa frecuencia estes encontros implicando na súa dinámica a diferentes veciños e veciñas, para que o coñecemento acumulado nas memorias colectivas non se perda e siga o ciclo que veu cumplindo ata o momento. 

Comentarios