As clases de canto comezarán a partir da primeira fin de semana de Decembro. O resto desenvolveranse con normalidade e regularidade durante o ano, agás periodos vacacionais ou contratempos.
26 sept. 2010
21 sept. 2010
PREMIADOS III CONCURSO FOTOGRAFÍA ANTIGA
Reunido o xurado do III Concurso de Fotografía Antiga, constituido por D. Alexandre Sotelino Losada (representante de Rebulir), D. Fco. Xavier Alvarez Castro (representante do Centro de Cultura Xaquin Lorenzo) e Dna. Pilar O. López García (representante do Concello de Ramirás) decidiron outorgar os seguintes premios seguindo as bases publicadas polos convocantes.
PREMIO ESPECIAL A MELLOR FOTOGRAFÍA
-D. Benito Feijoo Fernández (Alcume "Serranchíns") de Mosteiro (Ramirás)
PREMIO ESPECIAL A FOTOGRAFÍA MÁIS ANTIGA
- D. Adrián e Dna. Ana Mª Rodríguez (Alcume "Os Trapalleiros") de A Arrifana (Ramirás)
PREMIOS A MELLOR COLECCIÓN
- 1º PREMIO. Dna. Purificación Feijoo Román (Alcume "Os Feijoo") de Mosteiro (Ramirás)
- 2º PREMIO. Dna. Concha Ferreira Vieiro ( Alcume "Nela" ) de Pambre (Ramirás)
- 3º PREMIO. Dna. Carmen Lorenzo Míguez (Alcume "As Canellas") de Vilanova de Penosiños (Ramirás)
- ACCESIT. D. José Rodríguez Martínez (Alcume "O Rezitos") de A Arrifana (Ramirás)
- ACCESIT. Dna. Susana Durán González (Alcume "Tacón" ) de Celanova
As decisións deste xurado serán inapelables. Os premios serán entregados o día 25 de Setembro de 2010 durante o acto organizado a tal fin na sede de Rebulir.
Etiquetas:
iii concurso de fotografía antiga,
premiados,
rebulir
18 sept. 2010
PRESENTACIÓN CURSO E ENTREGA DE PREMIOS

O Vindeiro Sábado 25 de Setembro as 19:00 h no local de Rebulir terá lugar o acto de presentación do curso 2010/2011 onde se exporán o público asistente as diferentes actividades, horarios, profesorado... sendo a principal novidade deste ano a futura creación dun grupo de pandereteir@s conformado por nais, avoas, pais, avós, familiares... de alumnos da escola, que comezara a súa andadura polo mes de Decembro.
.
Este acto servirá tamén como foro para a entrega dos premios do III Concurso de Fotografía Antiga, no cal se recolleron este ano arredor de dous centenares de instantaneas. A relación de premiados será publicada ao longo da semana vixente neste blog.
.
Quedan convidados a asistir a este pistoletazo de saída cara un curso cheo de novos proxectos e retos por acadar. Para máis información poden chamar ao teléfono 639 908 005
Etiquetas:
curso 2010/2011,
iii concurso de fotografía antiga,
premios,
presentación,
rebulir
14 sept. 2010
E AGORA ASTURIES...

.
A nosa estancia por terras astures prolongarase desde o vindeiro Venres 17 ata xa entrado o Martes 21 cando teremos a nosa viaxe de volta. Procuraremos representar ben a cultura galega, e para eso ademais das nosas cantigas e bailes, levaremos tamén productos tan tipicos da nosa terra como é a Queimada, viño ou Licor Café.
.
Tras esta visita o día 25 de Setembro faremos a presentación oficial do curso 2010/2011 e entregaremos os premios correspondentes ao III Concurso de Fotografía Antiga.
7 sept. 2010
VOLTAMOS A CACIA-AVEIRO (PORTUGAL)

.
Ata aló nos desprazaremos co grupo de medianos da nosa escola acompañados polos músicos e profesores. Así como unha boa comitiva de nais e pais que seguiran o espectáculo. Compartiremos esceario con grupos chegados de diferentes puntos de Portugal. Xa o Domingo participaremos do Evento POVOar LAÇOS onde portugueses e galegos intercambiaremos danzas, cantos e xogos. Logo regresaremos a Ramirás tras unha fin de semana intensa, pero sobretodo divertida para os nosos cativos.
Etiquetas:
aveiro,
cacia,
casa do povo de cacia,
escola da casa do povo de cacia,
rebulir
Suscribirse a:
Entradas (Atom)