A Xunta directiva da A.C. Rebulir ten acordado convocar eleccións á xunta directiva conforme se recolle nos estatutos desta entidade. Para isto, os prazos serán os seguintes:
PRAZO 1- Ata o 31 de Xaneiro de 2025 - Presentación de candidaturas
- Poderán presentar candidaturas os socios/as coa cuota do curso 2024/2025 pagada.
- Deberase formar candidatura con: Presidencia / Vicepresidencia / Secretaria / Tesoureria / 4 vocalías
- Todas as persoas deberán ser maiores de idade.
- As candidaturas deberán enviarse ata as 23:59 h do 31 de Xaneiro ao email rebulir@hotmail.com cos datos (apelidos, nome; dni e cargo proposto) das persoas candidatas.
PRAZO 2 - Do 3 ao 9 de Febreiro de 2025 - Proclamación de candidaturas
DIA DE VOTACIÓN - Sábado 15 de Febreiro de 2025 votación de candidaturas en Asamblea Ordinaria ás 19:45 h. no Polideportivo de O Picouto
Nomeamento da nova Xunta Directiva do periodo 2025-2029
Comentarios
Publicar un comentario