As SS.MM. Os Reis Magos visitarán de novo Ramirás da mán da Asociación Rebulir contando co apoio do Concello de Ramirás e Protección Civil. Chegarán o día 5 de Xaneiro acompañados de paxes e garda real, e farán un percorrido nos seus vehículos oficiais por diferentes núcleos do Val do Tuño.
Neste 2025 as SS.MM. volverán a visitar a Residencia de Maiores de O Mosteiro e a tradicional recepción das nenas e nenos no Centro Cultural O Picouto. Posteriormente, diferentes membros da A.C. Rebulir percorrerán as aldeas e corredoiras da contorna cantando os reis como antano se facía.
Comentarios
Publicar un comentario