Ir al contenido principal

Cantamos ó Maio 2023

A Asociación Cultural Rebulir de Ramirás organizará durante este mes de maio a actividade "Cantamos o Maio". O obxectivo desta celebración é recuperar esa manifestación cultural que en tempos foi celebrada na Comarca de Celanova, tal e como indican algúns historiadores como Clodio González. Así, aúnase a música e o canto tradicional, co culto a natureza. A data 

Esta iniciativa é continuidade da proposta nacida no ano 2020 en virtualidade, onde moitos veciños e veciñas da contorna, e socios/as da asociación se suman a convocatoria feita desde Rebulir. Neste 2023, a asociación decidiu ampliar actividades e datas. Deste xeito, a semana pasada desenvolveuse unha visita cultural a festa do Santo Cristo de Laza onde a veciñanza levanta o Maio e onde manteñen unha serie de rituais vinculados a fertilidade. Pero a data con máis programación chegará este sábado día  6 de maio. Así, empezarase as 9:30 h. cun roteiro para recoller o material para facer o Maio. Posteriormente, en dous obradoiros, iranse elaborando as tradicionais coplas satíricas nun proceso guiado por Alba Faro. Ao mesmo tempo, en paralelo, haberá animacións de rúa cos diferentes grupos que compoñen a Asociación Rebulir. Pola mañá será o turno de gaiteros e percusionistas que se desprazarán ata o lugar de Fraguas. Xa pola tarde, será o pobo de Vilavidal quen acolla a participación dos mais novos/as con actividades dirixidas a este público. 

A programación rematará o sábado día 14 cun obradoiro de elaboración de pandeiros cadrados que correrá a cargo de Xosé Maceda. Para INSCRIBIRSE no Obradoiro de pandeiros débese cubrir o seguinte FORMULARIO





Comentarios