Ir al contenido principal

Certame IdentificARTE - 2022

A Asociación Rebulir convoca o segundo certame IdentificARTE. Logo do éxito da primeira edición cunha alta participación, os creativos e creativas do Val de Ramirás están de novo chamados/as a facer as súas propostas. Velaquí deixamos as BASES da edición 2022

PARTICIPANTES

Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade. 

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.

CATEGORÍAS

1- Fotografía. Poderán presentarse instantáneas de espazos naturais, lugares emblemáticos, patrimonio material, arquitectura, paisaxes… situados no Concello de Ramirás.

Límite 5 fotografías por candidato/a. Tamaño = 12 mpx. Prohíbese a utilización de efectos, filtros ou retoques. Imaxes en color.  

2- Artes plásticas. Esta categoría engloba debuxos, pinturas, deseños gráficos e outras expresións artísticas desta índole. Estas deberán facer referencia a Ramirás de maneira expresa ou figurada. Límite 5 propostas por candidato/a. Tamaño mínimo A4. 

3- Literatura. Poderán presentarse textos narrativos, poéticos, ensaio e outros xéneros literarios sempre e cando fagan referencia ao Concello de Ramirás. 

Límite = 3 páxinas. Times New Roman 12, interlineado 1,5, sangria simple. Envío en formato PDF. 

4- Propostas emprendedoras de intervención comunitaria. Esta categoría abarca proxectos de emprendemento sociocomunitario, educativo, cultural, empresarial… na contorna do Concello de Ramirás. Límite = Límite = 3 páxinas. Times New Roman 12, interlineado 1,5, sangria simple. Envío en formato PDF. 

TEMÁTICA

Todos os documentos presentados deben estar situados en RAMIRÁS ou na COMARCA DE TERRAS DE CELANOVA e ter como obxecto destacar a cultura, gastronomía, historia,  arquitectura, natureza, ou costumes da contorna do Val do Tuño. A organización resérvase o dereito de aceptar as obras segundo se axusten ou non á temática exposta e ao posible incumprimento de valores mínimos éticos que poidan ser ofensivos. Non se aceptarán fotografías pornográficas ou que incorran en insultos ou faltas de respecto a persoas ou colectivos.

ENVÍO DAS PROPOSTAS

Os concursantes dispoñerán dun período total de varios meses, ata as 10:00 h. do 20 de setembro de 2022 para enviar as súas propostas. Os envíos faranse ao email 

rebulir@hotmail.com 

Asunto: Certame Identificarte

No caso de arquivos moi grandes recoméndase utilizar plataformas virtuais para o seu envío en adxunto. 

PREMIOS

Haberá 3 PREMIOS ÚNICOS que se valorarán entre todas as categorías. A organización poderá ampliar os galardóns (accesits) no caso de que existan traballos dignos de mención. 

1º Premio: Diploma + Tablet de última xeración 

2º Premio: Diploma + Altavoz inalámbrico 

3º Premio: Diploma + agasallo de Artesanía de Galicia + Lote de Libros

1 Accesit infantil (0 a 14 anos): Diploma +  Vale de 50 Euros en Librería 

Os premios serán entregados nun acto público durante o mes de Setembro. As persoas premiadas deberán acreditar a súa identidade no momento de recibir o galardón. 

PUBLICACIÓN 

Ao longo da fase de votación, as propostas presentadas poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión dos organizadores co único obxecto de promocionar a fase participativa do concurso. A Asociación resérvase o dereito para usar na web, as redes sociais, exposicións e campañas promocionais as imaxes, textos ou soportes artísticos presentados. 

DEREITOS SOBRE AS PROPOSTAS

A Asociación Rebulir resérvanse o dereito (non exclusivo) para reproducir en soportes informativos e promocionais propios e expoñer de maneira libre calquera das propostas que os usuarios compartan para os concursos. En ningún caso cederanse a terceiros, salvo autorización expresa do autor. Os participantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros sobre as súas fotografías, textos, ou outras expresións artísticas presentadas. Os organizadores comprométense, pola súa banda, a indicar o nome do autor cada vez que a súa imaxe sexa reproducida.

XURADO

O xurado de cada categoría estará composto da seguinte maneira:

- Un/unha representante da Asociación Cultural Rebulir

- 2 convidados convidados/as externas

- Secretario/a (con voz pero sen voto)  

O seu veredicto será inapelable e farase público a través das plataformas dixitais da asociación Rebulir.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, a organización quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (GDPR), Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDCP, 15/99), Regulamento de Desenvolvemento da LOPDCP (Real Decreto, 1720/2007, de 21 de decembro), informámoslle que se manterán todas as medidas para a salvagarda dos datos persoais. 


Comentarios