Neste mes de Outubro damos peche a "IDENT-IDADE: Proxecto de dinamización comunitaria e empoderamento xuvenil" o cal foi financiado pola Xunta de Galicia no marco das axudas "Iniciativa Xove 2020".
Neste proxecto sociocultural implicaronse moitos mozos e mozas da Asociación Rebulir, e tamén algúns/algunhas de fora. É destacable a labor realizada polos voluntarios/as da asociación, quen foron capaces de reorganizar, adaptar, axudar e participar as diferentes propostas que se recollían inicialmente como presenciais, e que dada a situación derivada da pandemia da COVID-19, pasaron a virtualidade ou reduciron os seus aforos.
Por iso, chegado este punto só cabe felicitar publicamente ao equipo Raiceir@s da Asociación Rebulir a súa incansable labor para continuar dinamizando o rural desde unha perspectiva educativa e sociocultural, pero sempre mantendo a cultura tradicional como base das súas propostas.
Como resumen deste proxecto deixamosvos este vídeo que recolle algúns momentos das diferentes actividades programadas nestes pasados meses:
Comentarios
Publicar un comentario