A Xunta Directiva da Asociación Cultural Rebulir ven de aprobar un protocolo hixiénico para o retorno progresivo as actividades culturais e educativas da entidade.
Para a elaboración deste documento tívose en conta a normativa vixente da Xunta de Galicia e tamén as directrices marcadas desde o Ministerio de Sanidad.
A responsabilidade do cumplimento deste protocolo será individual, pero a asociación aportará todas as facilidades para o seu cumplimento.
PROTOCOLO:
1. Os ensaios desenvolveranse preferiblemente en espazos abertos, e de non ser posible pasarían ao polideportivo municipal.
2. O número de persoas por ensaio non superará o máximo establecido pola Xunta de Galicia para xuntanzas deste tipo (25 persoas).
3. Estructura dos ensaios:
a. A primeira parte dos ensaios dedicada a técnica será en filas unidireccionais con separación entre persoas de 2 metros.
b. A segunda parte na cal se coreografíen bailes teremos uso obrigatorio de mascarillas. Faranse máis rotacións para poder respirar a unha distancia axeitada.
c. As explicacións, reunións ou xuntanzas faranse en círculo aberto, usando mascarilla e mantendo as oportunas distancias (2 metros.).
4. Non se farán bailes de contacto (agarrados), ao tempo que non se deberá ter contacto físico cos compañeiros/as. Tampouco se utilizarán elementos físicos (arcos, castañolas, paos…)
5. Os intrumentos serán de uso individual, e non poderán ser compartidos. Sinalarase o nome da persoa que o utiliza, ou algún indicativo en cada un deles.
6. Ao comezo e ao final dos ensaios deberanse desinfectar as máns con xabón ou con solución hidroalcólica que aportará a asociación.
7. As botellas de auga deberán estar indicadas e sinaladas con nome ou unha marca persoal, e serán de uso individual.
8. O acceso ao local social de San Andrés será por turnos, e só naqueles casos precisos.
9. No caso de préstamo de roupa. Unha vez usada deberá limparse e deixarse en corentena alomenos 48 h. Para devolvela farase en bolsa de plástico pechada e con papel con nome.
10. Se algunha persoa ten síntomas do COVID 19 (Tos, febre, perda de gusto…) non deberá asistir baixo ningún concepto aos ensaios.
11. Cada persoa deberá asinar este protocolo e faise responsable do seu ESTRICTO cumplimento.
Máis información prevención COVID-19:
Comentarios
Publicar un comentario