Ir al contenido principal

ACTIVIDADE - OS MAIOS DO CONFINAMENTO

Desde a Asociación Cultural Rebulir organizamos unha actividade que procura enxalzar o Mes de Maio como momento de explosión da primavera. Este feito celebrábase, e segue a festexarse, coa confección dos Maios e o canto de coplas satíricas. 
Desde o confinamento queremos poñer en valor a parte comunitaria e tradicional desta festividade promovendo que as familias e membros da asociación colaboren nunha actividade programada a tal efecto. 
O obxectivo é que cada familia/equipo faga un Maio na súa casa utilizando o material que teñan dispoñible, e tamén que canten unha copla seguindo a estructura tradicional destas cantigas en Ourense.  

BASES
1. Poderán participar todas as familias ou equipos de membros da Asociación Cultural Rebulir.  Cada equipo ou familia poderá elexir un alcume (exemplo: “os carrabouxos”, “as leriantas”, “As de Poulo” … etc)
2. A actividade consiste na creación dun Maio nas casas utilizando material diverso (material natural, papelería, telas…). Asemade, tamén se poderá crear unha copla para cantar acompañando O Maio. 
Haberá algúns modelos de exemplo na web de rebulir (www.rebulir.com) e tamén algunha copla modelo. 
3.     Enviarase polos grupos internos de whatsapp a foto do Maio e poderase acompañar do vídeo da copla. Logo publicaranse nas redes sociais da asociación (sempre co permiso das persoas que saen no video).
4.    Non é un concurso. Todas as familias ou equipos de mozas e mozos que participen terán un lote de agasallos
- LOTE = TAZA de Rebulir (exclusiva e elaborada para ocasión) + Camisola  + libros (literatura galega e libros infantís/xuvenís) + Botella de viño para os maiores.  
5.     A data límite para o envío de fotos será o Domingo 3 de Maio de 2020 as 17:00 h. 

MODELOS de Maio:

Nota: A participación está aberta a vosa creatividade. Podedes utilizar todo tipo de materiais que teñades nas casas ou arredor. Aquí só poñemos algunhas ideas para que poidades ter de referencia. Non definimos forma, tamaño, feitura do Maio... tan só ten que facer referencia a elementos naturais e propios deste periodo. 



ENLACES PARA MATERIAIS:

- Aulas Galegas: Facemos un Maio (pasos)

ALGÚN VÍDEO:

Vídeo da nosa profe de Canto e Pandeireta Alba Faro explicando como elaborar as COPLAS



Videos de Alba Faro explicando o proceso para facer un Maio na casa

Con material de refugallo


Con material natural




Video de Eira de @nubesbaixoti , e da páxina de facebook @cantademeunmaio


Vídeo exemplo das coplas dos Maios (Colectivo A Bela Auria - Os Maios 2016)




Comentarios