Este venres 10 de Marzo o noso grupo oficial de pandereteiras e os pandereteiros participarán unha vez máis no Venrespirar que terá lugar no Edificio de Ferro do Campus de Ourense .
Enmárcase dentro da programación do Sétima Edição do Festival Português Perto que se está a desenvolver esta semana no Campus. Por este motivo, levaremos algunha cantiga raiana.
Se queredes botar unha baila e facer un plan diferente o venres a noite acudide, e mesmo poderedes participar nun obradoiro de danzas lusas.
Graciñas a AC Algaravía e AOFT Gomes Mouro por convidarnos!
Tamén este sábado día 11 dous dos nosos compañeiros participarán no concerto que serve de estrea do disco "Non me toques a saia" das amigas de Xestreu Pandereteiras. Este acto terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Barbadás as 20:30 h.
Parabéns as nosas amigas por este traballo discográfico, e desexámoslle o maior dos éxitos.
Comentarios
Publicar un comentario