O Xurado do Premio Rebulir na súa V edición decidiu outorgar ao grupo LEILÍA e a MARCOS PEREIRO E XOSÉ A. TOURIÑÁN os galardóns desta edición 2016.


O Premio Rebulir de Cultura Galega, nacía no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura tradicional nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Ourense e de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.
A entrega do premio faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuilla que sempre elabora algún artesán ou artista galego. Asemade, os premiados/as soen ofrecer ao público asistente unha pequena mostra do seu bofacer musical, dialéctico, artístico...
En pasadas edicións foron premiados persoeiros como Kepa Junkera, Maria do Ceo, Xose M. Piñeiro e Rubén Riós, entre outros. Este ano a Gala Central do Festival Internacional Rebulir terá lugar o Sábado 17 de Decembro de 2016 no Polideportivo de O Picouto.
Comentarios
Publicar un comentario