Se queres aprender a elaborar o teu propio colar tradicional para engalanar o traxe galego, en Rebulir dámosche a oportunidade de aprender a facelo.
O vindeiro 28 de Febreiro, as 11 da mañá organizamos un curso que terá por finalidade a elaboración dun colar que logo cadaquén levará para as súas casas e poderá lucir sempre que queira. Este curso será impartido por Eva Barona, quen ten longa experiencia na elaboración deste complemento do traxe, e mesmo se adica a venda deles. Podedes ver algúns dos seus traballos en Colares e Fundas .
A matrícula estará aberta desde o día 10 de Febreiro nesta mesma web, e terá un custe de 18 Euros para as/os socios de Rebulir, e de 23 para aquelas persoas que non sexan socias. O curso ten un límite de 17 prazas, co cal non vos descoidedes se non queredes quedar sen a vosa.
- Preme no enlace -
Comentarios
Publicar un comentario