Despois dun verán moi intenso voltamos con novas ideas e propostas para o curso 2014/2015. O Acto de presentación terá lugar o Venres día 26 de Setembro as 20 h. no noso local (Pza. San Andres - Vilavidal). Deste xeito, convocamos a todas aquelas persoas interesadas a asistir posto que aquí será onde se presente a profesorado, horarios, actividades, grupos... etc e todas as novidades para o vindeiro ano.
Tras este acto de apertura organizaremos unha ASAMBLEA ABERTA onde a directiva dará conta do estado económico da asociación e presentará a previsión para 2015. Tamén servirá para que todos aqueles socios (ou representantes legais) podan facer as súas aportacións ou facer chegar tódalas dúbidas que estimen.
Con isto Rebulir espera seguir medrando e reforzándose como asociación e como colectivo de música tradicional, e así contribuír desde este recuncho da provincia de Ourense ao mantemento, difusión e posta en valor do patrimonio galego.
Comentarios
Publicar un comentario