
Tamén cabe destacar a participación no Festival Internacional de Folclore de Ingenio, un dos máis importantes a nivel Estatal e mesmo Europeo, estando recoñecido polo organismo CIOFF, un órgano vinculado a UNESCO. A Gala central deste Festival será restransmitida por TVE, Antena 3, Televisión Canaria e Este Televisión, polo que poderedes ver o noso paso por ese festival. No seguinte enlace podedes ver o folleto deste Festival. PROGRAMA do Festival de Ingenio
Temos que destacar ata as illas non solo levaremos a nosa música e baile. Os nosos traxes están nunha exposición no municipio de Ingenio desde o día 25 de Xullo. O Domingo día 4 de Agosto os guienses terán a oportunidade de ter unha degustación de productos da nosa zona: Licor e Augardente, Queixos de Mantequeria A Lomba, Embutidos Flor de Galicia e tamén doces. E tamén levaremos para agasallar pezas de oleria tradicional galega procedente do Alfareiro Agustín de Niñodeaguia que elaborou estes agasallos especialmente para nós. Con todo isto esperamos levar un pedaciño de Galicia para Gran Canaria.
Comentarios
Publicar un comentario