O pasado 1 de Xullo presentamos o IV Concurso de Fotografía Antiga no transcurso do Acto de Peche do Curso da Escola Rebulir. Como obxectivos plantexámonos: recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa Contorna (Comarca Terras de Celanova), fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os seus participantes e servir de base para estudar as costumes, oficios, bailes, traxes... que eran tradicionais na zona.
Nas pasadas edicións temos recollidas centos de instantáneas que se teñen mostrado en diferentes exposicións non solo en Ramirás senón en outros certames como pode ser o Outono Fotográfico. Nesta IV convocatoria pretendemos seguir ampliando o arquivo que viñamos confeccionando nos últimos tempos.
Temos unha sección habilitada na parte superior deste blog onde aparece recollida toda a información relevante. E as novidades desta edición.
Comentarios
Publicar un comentario