Ir al contenido principal

MONOGRÁFICO. POSTURA CORPORAL NO BAILE TRADICIONAL


O Vindeiro Sábado 26 de Marzo teremos no noso local un obradoiro monográfico adicado ao Baile Tradicional e a Postura Corporal. NON é de Iniciación, polo que se precisa unha certa bagaxe bailadora.

Será impartido por Sonia Nóvóa quen leva impartido clases de Danza en múltiples escolas de Galicia e incluso no estranxeiro. Forma parte do Grupo Castro-Floxo co que leva percorrido infinidade de escearios  de todo o mundo. Ademáis, foi coñecida por ter sido xurado do Concurso "Vai de Baile" do Programa Luar.

É un obradoiro aberto e gratuíto con límite de prazas, existindo prioridade para os socios de Rebulir. Para anotarse ou solicitar información contactar con nós no teléfono 639 908 005 ou ben en rebulir@hotmail.com.

NOTA IMPORTANTE: As clases de Gaita e Percusión pasarían para horario de tarde (a partir das 17:00 h). Suspéndese os ensaios do grupo de adultos, NON os de pequenos e medianos.

Comentarios