Chegan un ano máis as Xornadas de Folclore, que este ano cumpren XXVII edicións ininterrumpidas estando na elite dos festivais de baile e música tradicional. Desde o vindeiro Lúns 9 de Agosto, cando o grupo anfitrión "Castro Floxo" lles dará a benvida cun pequeno espectaculo no teatro principal da cidade, ata o día 19 percorrerán as proncipais vilas da Provincia de Ourense, así como Monforte en Lugo e Chaves en Portugal.
.
Doce son os Grupos participantes nesta edición, procedentes de diferentes puntos do globo.
- España (Segovia) - La Esteva
- Portugal - Grupo Etnografico da Areosa
- Polonia - Grupo Poloniny
- Servia - Grupo Simionov Tucovic
- República de Daguestán - Compañía Estatal Lezginka
- Senegal - Ballet Jammu
- Kenia - African Tumbas
- Indonesia - Klub Peminatan
- Cuba - Conjunto Artístico Maraguán
- México - Compañia de Danza Tenochtitlan
- Argentina - Instituto El Cimarrón
- Brasil - Ballet Folclórico da Amazonía
.
Desde Rebulir animámosvos a asistir a calquera dos múltiples espectáculos que este festival desenvolverá, posto que todos os grupos son dunha gran calidade artística e paga a pena sentarse por un anaco a disfrutar doutras culturas.
Para máis información podedes visitar a páxina propias das Xornadas:
Comentarios
Publicar un comentario