Rebulir foi convidado esta semana pola Concelleria de Cultura do Concello de Ourense a participar nun encontro de intercambio cultural galaico-portugués no barrio de Barrocás da cidade das Burgas.
A nosa encomenda será animar a festa cos nosos gaiteiros e intentar sacar a bailar a xente para armar un pouco de troula.
Así que o vindeiro sábado, as 16:00 h estades todos convidados a participar na festa en Ourense, alí estaremos rebulindo coma sempre.
Comentarios
Publicar un comentario