Ir al contenido principal

Entradas

Rebulir colabora no Espectáculo "Entre Soños" de Fran Sieira

Algúns membros do Grupo Oficial de Rebulir colaborarán o vindeiro Xoves día 14 de Marzo no Auditorio de Ourense no primeiro espectáculo da Compañía de Danza FRAN SIEIRA, e que leva o título "Entre Soños".  Se queredes adquirir as entradas para o espectáculo podedes visitar a web ATAQUILLA   

MasterClass de Fran Sieira

O vindeiro Sábado día 9 de Marzo teremos a sorte de contar no local de Rebulir cunha Masterclass de FRAN SIEIRA, compañía de danza presentando o seu primeiro espectáculo "EntreSoños": “A contemporaneidade no baile tradicional”. Dita sesión terá lugar entre as 13:00 e as 14:30 h. Os OBXECTIVOS de traballo serán os seguintes: · Como levar o baile galego a un punto máis contemporáneo, utilizando tódalas ferramentas do noso folclore e falando a través delas. · Caso práctico: utilización dunha danza gremial como mecanismo de transmisión. INCRIPCIÓN Gratuíta ata completar prazas (límite 20 persoas)

Presentamos o CARTEL do FIR2018

Hoxe presentouse en redes e plataformas online o cartel que servirá de soporte de comunicación ao XIII Festival Internacional Rebulir. Como xa temos anunciado esta será unha edición adicada aos doadores e doadoras de sangue, órganos e tecidos. TODA A INFO. do FIR en www.festivalrebulir.info     

Rebulir de novo en Luar

Este venres volvemos a LUAR con dous pases moi especiais. No primeiro deles celebraremos unha das festas máis tradicionais de Ourense, os Magostos, e no segundo farémoslle unha homenaxe ao centenario de Vilavidal. Desta vez ata o Plató de Montouto desprazarémonos músicos, pandereteiras e bailador@s do grupo oficial, e desta vez tamén nos acompaña o Grupo Senior e o Grupo A de baile tradicional. 

INICIACIÓN ao BAILE TRADICIONAL para ADULTOS

Entre as novidades deste curso 2017/2018 temos que anunciar o lanzamento da actividade de Iniciación ao Baile tradicional para adultos.  Esta nova iniciativa estará organizada por Rebulir Cultura Tradicional, Xurxemurxe e o Concello de Ramirás  Toda a información que precisedes sobre esta actividade debedes dirixirvos a xurxemurxe@gmail.com 

Equipo Raiceir@s - GRAZAS !!!!

O vindeiro día 29 teremos o acto que serve como peche do Proxecto "Equipo Raiceir@s". Afortunadamente neste 2018 logramos consolidar unha iniciativa que terá a súa continuidade con máis actividades no que resta de ano, e agardemos que teña proxección de futuro.  Este conxunto de actividades que se desenvolveron polo "Equipo Raiceir@s" durante o ano 2018 estivo financiada mediante o programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Desde Rebulir queremos agradecer a todos os mozos e mozas que coordinastes, participastes ou asististes as diferentes actividades, e sobretodo ao grupo base que se integrou neste proxecto. Con vós imos alén ! 

CURSO 2018/2019

Comeza un novo curso en Rebulir con moitas novidades e ilusión. Para coñecer todas as novas podedes asistir ao acto de presentación do curso que terá lugar o VENRES día 28 de SETEMBRO no local social de San Andrés (Vilavidal). Se queredes facer algunha pregunta concreta previa a este acto podedes escribirnos a rebulir@hotmail.com e respostaremos de inmediato.  Xa podedes facer a vosa PREINSCRIPCIÓN neste ENLACE , xa que teremos PRAZAS LIMITADAS nas diferentes disciplinas ofertadas.