Ir al contenido principal

Entradas

HORARIOS e MATRÍCULA 2017/2018

XA TEMOS ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA  no curso 2017/2018. Desde o pasado día 29 de Setembro ata o 28 de Outubro estades en tempo para poder formalizar as vosas inscripcións nas diferentes actividades ofrecidas pola Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir.  A documentación que debedes entregar e as intruccións tédelas colgadas na sección de DOCUMENTOS desta mesma web. Para calquera dúbida a este respecto podedes escribir a rebulir@hotmail.com e contestaremos coa maior brevidade posible.  Por diante temos 10 meses de aprendizaxe e ilusión. Benvid@s a Rebulir !!!! 

REBULIR NO VI FESTIVAL NACIONAL DE FOLCLORE - MOSTOLES

O grupo oficial de Rebulir, composto por bailador@s, pandereteiras e grupo de música tradicional estará esta fin de semana participando no VI Festival Nacional de Folclore que organiza o Grupo El Miajón de Móstoles (Madrid), o cal se encadra no marco da súa Semana Cultural.  Neste encontro participan colectivos chegados de diferentes lugares do Estado, o que axudará a trazar novas relacións.  No marco desta saída haberá tempo para diversas actividades entre as que estará a visita ao Centro Galego de Móstoles, diferentes excursións, pasarrúas, convivencias...etc. A axenda será completa e productiva. Unha vez máis agardamos poder representar as nosas tradicións do mellor xeito posible. 

PROXECTO ENRAIZATE - Iniciativa Xove

Coa visita desta fin de semana a Asociación El Miajón de Móstoles, para participar da súa semana cultural, damos peche ao PROXECTO ENRAIZATE . Este conxunto de actividades que se desenvolveron durante o ano 2017 estivo financiada mediante o programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.   Desde Rebulir queremos agradecer a todos os mozos e mozas que coordinastes, participastes ou asististes as diferentes actividades, e agardamos poder contar convosco para novos proxectos. 

PREMIOS REBULIR da Cultura Galega 2017

Reunido o Xurado dos Premios Rebulir, o día 31 de Agosto de 2017, na Sede do Centro Cultural Marcos Valcarcel da Exma. Deputación de Ourense, decidiuse por unanimidade conceder os seguintes galardóns: Categoría de Música Galega: UXIA SENLLE Pola súa longa e prolífica traxectoria no eido da música galega, proxectada alén das fronteiras do noso territorio. Categoría de Cultura Galega: XOSE RAMÓN GAYOSO Por ter contribuído a difusión e a posta en valor da cultura galega desde a plataforma audiovisual que supón o programa Luar da TVG. Categoría Homenaxe: LOIS ANTÓN PÉREZ Como recoñecemento a unha vida persoal e profesional adicada a literatura galega, en e desde Ramirás.  Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás.  Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión...

COMEZO de CURSO 2017-2018

Un novo curso está próximo a comezar en Rebulir Cultura Tradicional. E xa van 12 anos desde que comezamos a nosa andaina, pero voltamos coas mesmas ganas e enerxía de sempre, e se cabe, con máis ilusión por poñer en marcha novos proxectos! HAI QUE POÑERSE MÁNS A OBRA !!! O vindeiro Venres día 29 de Setembro teremos a tradicional presentación de horarios, profesores, actividades... etc.  Vémonos! Esperanos un novo curso!

REBULIR en ASTORGA (León)

  Este Domingo día 27 de Agosto os nosos grupos oficiais de baile e música tradicional estaremos participando no V Certame Folclórico Cidade de Astorga, que organiza o Grupo Danzas de Maragatería no marco das Festas de Santa Marta de Astorga Ali compartiremos escenario con grupos coñecidos como o Grupo Xinglar de Zaragoza, e aproveitaremos para coñecer ao grupo Aires del cabrera de Pombriego, e tamén aos anfitrións Grupo Danzas De Maragatería Astorga Seguro que será unha nova oportunidade para a aprendizaxe e o intercambio 

REBULIR EN ANDORRA E FRANCIA

Aínda que xa remataron as labores docentes en Rebulir, a actividade desta asociación non para no verán, xa que o seu grupo oficial está a preparar unha Gala titulada "O Cantar do Arriero" que será levada ao Palau Nacional de Andorra o día 20 de Xullo, para logo continuar con actuacións en diferentes festivais en Toulousse e Tyrosse (Francia) entre os días 19 e 23 de Xullo. Tamén participarán no encontro estatal de folclore que terá lugar en Astorga (León) o día 27 de Agosto. E para finalizar o verán, desprazaranse para participar unha vez máis no Festival Nacional de Folclore de Móstoles (Madrid) entre os días 29 de Setembro e 1 de Outubro. Non se pode obviar as festas e romerías nas que o Grupo de Música Tradicional Rebulir terá presenza por toda a Provincia, e mesmo fora dela. Con todo, será un verán intenso nesta asociación ramirense, que unha vez máis afronta a tempada estival cunha axenda cargada de compromisos. Podedes velo na seccion AXENDA