Ir al contenido principal

PREMIOS REBULIR da Cultura Galega 2017

Reunido o Xurado dos Premios Rebulir, o día 31 de Agosto de 2017, na Sede do Centro Cultural Marcos Valcarcel da Exma. Deputación de Ourense, decidiuse por unanimidade conceder os seguintes galardóns:

Categoría de Música Galega: UXIA SENLLE
Pola súa longa e prolífica traxectoria no eido da música galega, proxectada alén das fronteiras do noso territorio.

Categoría de Cultura Galega: XOSE RAMÓN GAYOSO
Por ter contribuído a difusión e a posta en valor da cultura galega desde a plataforma audiovisual que supón o programa Luar da TVG.

Categoría Homenaxe: LOIS ANTÓN PÉREZ
Como recoñecemento a unha vida persoal e profesional adicada a literatura galega, en e desde Ramirás. 

Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás.  Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este premio é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.  

A entrega dos premios faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuílla que sempre elabora algún artesán ou artista galego.  Na presente edición esta celebración terá lugar o Sábado 16 de Decembro no Polideportivo de O Picouto (Ramirás).

Comentarios