Ir al contenido principal

REBULIR NO VI FESTIVAL NACIONAL DE FOLCLORE - MOSTOLES

O grupo oficial de Rebulir, composto por bailador@s, pandereteiras e grupo de música tradicional estará esta fin de semana participando no VI Festival Nacional de Folclore que organiza o Grupo El Miajón de Móstoles (Madrid), o cal se encadra no marco da súa Semana Cultural. 
Neste encontro participan colectivos chegados de diferentes lugares do Estado, o que axudará a trazar novas relacións. 

No marco desta saída haberá tempo para diversas actividades entre as que estará a visita ao Centro Galego de Móstoles, diferentes excursións, pasarrúas, convivencias...etc. A axenda será completa e productiva. Unha vez máis agardamos poder representar as nosas tradicións do mellor xeito posible. 

Comentarios