Ir al contenido principal

Entradas

FIN DE SEMANA COMPLETIÑO

Para o vindeiro Domingo día 24 o noso grupo de música tradicional ten unha axenda completiña.  Empezaremos pola mañá nas festas de San Cristovo en Ribadavia. Alí faremos un pasarrúas desde as 10:30 h. para animar aos veciños e veciñas.  E pola noitiña desplazarémonos a Allariz para tocar nos festexos que organiza o Concello desta vila ourensá con motivo do día de Galicia. As 12 da noite tocaremos o himno galego e posteriormente tocará a Banda da Balbina.  Grazas a comisión de festas de San Cristovo e ao Concello de Allariz por contar connosco nas súas celebracións. 

Esta semana toca Pontedeva e o San Adrián na Arrifana

Este mes de Xullo ven moi intenso. Con especial énfase no noso grupo de música tradicional que ten a axenda cargadiña de compromisos.  Esta fin de semana participaremos unha vez máis no Festival Xirondiña de Baile e Música Tradicional, que xa vai pola súa cuarta edición. Este terá lugar na área recreativa da Ponte, en Freáns o Sábado 9 as 20 h. O festival enmárcase na celebración da Lumeirada do Río Deva, onde este ano haberá tamén concertos dos grupos Carapaus e A Roda.   Os nosos músicos farán dobrete de fin de semana, e o Domingo pola mañá estarán no San Adrián da Arrifana (Ramirás) para acompañar a procesión do Santo. 

ROMARIA REBULDEIRA - PECHE DE CURSO

Temos que dar peche ao CURSO de ACTIVIDADES como ben se merece, e pra iso argallamos a ROMARIA REBULDEIRA, que servirá de encontro para socios, membros e simpatizantes da nosa asociación nun entorno inmellorable e cunha programación lúdica para a xornada do 3 de Xullo.

EMPEZAMOS A TEMPADA DE VERÁN NO SAN ANTONIO DO VISO

Aos diferentes grupos da nosa escola aventúraselle un verán cheo de datas na nosa axenda de actuacións. Neste meses de calor chegaremos a múltiples concellos da nosa provincia, asi como a outros en provincias limítrofes, e non podemos esquecer a nosa participación no Festival Internacional de Sarvar (Hungría) e noutros ainda pendentes de confirmar no veciño Portugal.   Empezamos xogando na casa, o día 18 na festa do San Antonio do Viso, en Ramirás, onde músicos e pandereteiras porán a nota tradicional a un amplo programa de actividades. Grazas a comisión de festas por contar un ano máis con nós.   Para máis información sobre vindeiras datas podedes consultar a nosa sección de AXENDA

SORTEO AGASALLOS NOITE DE FIADEIRO - NÚMEROS PREMIADOS

Os numeros PREMIADOS nos SORTEOS da NOITE DE FIADEIRO son: - 1ª CESTA GRANDE = 192 - 2ª CESTA GRANDE = 1999 - 1ª Cesta Pequena = 1727 - 2ª Cesta Pequena = 363 - Pandeiro (As trapalladas da Xiana) = 248 - Garrafón pintado (As trapalladas da Xiana) = 1102 - Muñeca (As trapalladas da Xiana) = 1228 - Lote de licores Peninsular (1) = 226 - Lote de licores Peninsular (2) = 557 - Lote Licores Dazucena =97 - Lote Licores Dazucena = 937 Podedes contactar connosco no prazo de 30 días (ata o 28 de Xuño) para recoller o voso agasallo. Teléfono 639908005 ou no email rebulir@hotmail.com. 

X NOITE DE FIADEIRO - 28 de Maio

Xa está en marcha a Décima edición da Noite de Fiadeiro. Podedes acceder a toda a información na páxina que temos habilitada a tal efecto: www.noitedefiadeiro.com 

Fin de semana completiña- AÑA URBANA E FEIRA EN CASTRELO

A pasada fin de semana tivemos unha completiña axenda. O Sábado 23 estivemos a participar na Aña Urbana de Pontevedra. Ata aló foi o noso grupo oficial de pandereteiras e algúns bailadores.  E o Domingo o noso grupo de música tradicional estivo animando a Feira de Castrelo de Miño.