Ir al contenido principal

Entradas

CURSO: O Baile tradicional, O MANEO

 En Rebulir organizamos un novo curso que xa viña sendo demandado desde fai tempo. Deste xeito, os días 23 e 30 Marzo ocuparémonos de aprender algúns puntos e pasos básicos de MANEO. Este é un estilo de baile tradicional moi peculiar e cunha identidade propia que ademáis, non é moi coñecido pola provincia ourensá. A INSCRIPCIÓN do curso poderedes facela nesta mesma páxina a partir do día 3 de Marzo, sendo o prazo límite o día 20 dese mesmo mes. Recordade que debedes facer o ingreso dos cartos na conta que aparecerá no propio cuestionario de incripción.  O mestre será JAVIER SANMARTÍN , que se formou no grupo Cantigas e Agarimos desde a súa infancia, chegando a ser director desta histórica agrupación compostelá ata o ano 2012. Actualmente dirixe un dos mellores grupos de baile tradicional do país, A Pontevella de Teo, con que leva gañado numerosos premios e mencións, destacando os 5 primeiros premios consecutivos no concurso Azaloira de Bandeira, e particip...

ANO NOVO, PROXECTOS NOVOS

En Rebulir xa estamos a darlle voltas a novos proxectos e ampliar os que xa tiñamos. Deste xeito, a Noite de Fiadeiro chegará na súa VIII edición o 31 de Maio. Tamén nos vindeiros meses poderedes ver como faremos algún que outro obradoiro e curso que amplíe as actividades de cultura tradicional que vimos desenvolvendo regularmente. Colaboraremos con diferentes entidades amigas en proxectos comúns dos que tamén vos iremos informando. Ao mesmo tempo, estamos preparando saídas e actuacións para todo o ano, con especial atención a tempada de verán onde teremos algunha saída internacional.  Xa vedes que o 2014 promete, se queredes estar informad@s seguidenos no noso facebook ou twitter  

DE NOVO NO CONCURSO DA CAÑIZA

Tras facernos co segundo posto o pasado ano, decidimos participar de novo no Concurso "A caza do folclore" da Cañiza, que se celebrará o vindeiro día 25 de Xaneiro no Salón de Actos da Casa da Cultura da Vila pontevedresa. Alí compartiremos escenario con diferentes grupos do territorio galego, creando lazos de amizade a partir do folclore. Pola nosa parte faremos todo o posible por tentar acadar a mellor posición posible.  Parabéns a asociación Furafollas de Oroso por organizar de novo esta iniciativa de promoción do baile e a música tradicional.

REIS MAGOS E CANTOS DE REIS 2014

NÚMEROS PREMIADOS NAS RIFAS DE REBULIR 1º PREMIO - Unha TABLET dixital = 246 2 PREMIO - CESTA Grande de productos do país = 712 3º PREMIO - CESTA Pequena de productos do país = 689 Para recollelos tedes 20 días, senón os premios daranse como desertos. Podedes contactar con nós no teléfono 639 908 005 ou ben no mail rebulir@hotmail.com e xa vos indicamos como recoller o voso premio. Un saúdo e Boas Festas. 
Desde Rebulir, desexámosvos BOAS FESTAS, velaquí a nosa postal deste ano. 

CHEGA O VIII FESTIVAL INT. REBULIR 2013

Xa andamos a traballar na que será a VIII edición do Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional que se celebrará entre os días 20-22 de Decembro do presente ano, tendo o seu acto central o Sábado 21 as 19 h. no Polideportivo de O Picouto. Se queredes ver toda a información podedes visitar a páxina web propia www.festivalrebulir.com