En Rebulir xa estamos a darlle voltas a novos proxectos e ampliar os que xa tiñamos. Deste xeito, a Noite de Fiadeiro chegará na súa VIII edición o 31 de Maio. Tamén nos vindeiros meses poderedes ver como faremos algún que outro obradoiro e curso que amplíe as actividades de cultura tradicional que vimos desenvolvendo regularmente. Colaboraremos con diferentes entidades amigas en proxectos comúns dos que tamén vos iremos informando.
Ao mesmo tempo, estamos preparando saídas e actuacións para todo o ano, con especial atención a tempada de verán onde teremos algunha saída internacional.
Comentarios
Publicar un comentario