Ir al contenido principal

CURSO: O Baile tradicional, O MANEO

 En Rebulir organizamos un novo curso que xa viña sendo demandado desde fai tempo. Deste xeito, os días 23 e 30 Marzo ocuparémonos de aprender algúns puntos e pasos básicos de MANEO. Este é un estilo de baile tradicional moi peculiar e cunha identidade propia que ademáis, non é moi coñecido pola provincia ourensá.

A INSCRIPCIÓN do curso poderedes facela nesta mesma páxina a partir do día 3 de Marzo, sendo o prazo límite o día 20 dese mesmo mes. Recordade que debedes facer o ingreso dos cartos na conta que aparecerá no propio cuestionario de incripción. 

O mestre será JAVIER SANMARTÍN, que se formou no grupo Cantigas e Agarimos desde a súa infancia, chegando a ser director desta histórica agrupación compostelá ata o ano 2012. Actualmente dirixe un dos mellores grupos de baile tradicional do país, A Pontevella de Teo, con que leva gañado numerosos premios e mencións, destacando os 5 primeiros premios consecutivos no concurso Azaloira de Bandeira, e participación no festival de Lorient en 2012. Tamén é director do grupo Tequexetéldere da Estrada, de recoñecido nivel. As súas espaldas ten un amplo currículo de recollidas de campo por todo o territorio, especialmente na Costa da Morte e Bergantiños, o que o converte na persoa idónea para impartir este curso. 


Comentarios