Saltar ao contido principal

Publicacións

AVALIANDO O CURSO 2007/08

Tras a xornada do fin do curso do pasado sábado na que tan ben o pasaron os nenos e os maiores, damos peche a este curso 2007/08 cunha avalación xeral moi positiva en canto actividades e participación destacando as seguintes : - Actividades docentes regulares ( baile tradicional, canto tradicional, gaita galega e percusión ) - Actuacións e saídas - Festival de Nadal - Curso de Iniciación o baile e música tradicional para adultos - Obradoiro do Traxe Galego - II Noite de Fiadeiro - I Concurso de Fotografía Antiga - Obradoiro de Instrumentos Vexetais - Comida de Membros e Amigos de Rebulir Non queremos deixar de nomear a: - Membros, desde os mais pequechos os mais maiores - Nais e Pais - Concello de Ramirás - Medios de Comunicación - Grupos colaboradores ( Airiños d´Arnoia, Grupo de Gaitas de Paderne de Allariz, Grupo de Danza Lembranza Solpor, Coanhadeira, Vichelocrego, Escola Provincial de Danza-Castro Floxo, Os Chichisos, MaÇaeda da Limia, Pandereteiras Debanadoira, Grupo de danza os ...

HOXE ALALA DE CASTRO FLOXO

Hoxe, luns, día 23/06/2008 Hoxe o Alalá vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é vir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos. A Romaría Raigame só se celebra unha vez ao ano; o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Detrás deste mundo de músicos e artesáns está o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Deles partiu a idea e a materialización, porque levan máis de 30 anos a recoller e espallar todo o saber da nosa cultura popular con publicacións como a prestixiosa revista etnográfica Raigame, pero tamén difunden a través de obradoiros e clases de pandeireta ou baile, actividades onde os que destacan pasan a formar parte do prestixioso grupo...

EXITO DE ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Hoxe pechamos o prazo de Inscripción nas actividades de fin de curso todas co cupo cheo e con lista de espera. Ademais da repercusión que estan a ter nos diferentes medios ( Cadena ser, Periódico La Región , malmequer , gaiteiros galegos , Frouma , Diario Folk , Blog Rebordondo , Terra de Celanova , Mundourense.com , Ghastaspista , musicas da ulla , boletins youtube ... etc ) polo que a xornada promete exitosa. Finalmente o Concello de Ramirás faise cargo da comida, polo que non suporá ningún gasto para os asistentes. Sen máis agradecer a todos os que estades apoiando e colaborando na organización desta despedida do curso, esperemos que sexa se desenvolva ben. - PINCHA SOBRE A IMAXE DO CARTAZ PARA VER O PROGRAMA -

NORABOA MARCOS

O profesor de percusión de Rebulir, Marcos Pérez Saburido, ven de gañar o V certame de gaitas Manuel Villanueva, co grupo Tentenoaire. Marcos leva gañado neste ano acompañando o gaiteiro Pablo Devigo os primeiros premios do Concurso de Gaiteiros Solitas da Estrada e o Certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo. Desde aquí tamén mandarlle ánimo nestes días que esta algo enfermo, recupérate pronto compañeiro. Unha aperta de tod@s @s rebuldeiros

ENSAIOS DE XUÑO

Boas , desta vez poñémonos en contacto con vos para dicirvos que neste mes de Xuño imos cambiar algo os horarios dos ensaios de Baile e Canto. Os horarios de Baile son os que tedes a continuación, os de Gaita e Percusión xa informarán os profesores dos cambios que se vaian producindo con antelación. Infórmovos que o día 21 de Xuño faremos a festa de fin de curso con algunhas actividades que tamén indicamos. • Sábado, 7 de Xuño. - Pequenos : De 15:30 a 16:00 h - Medianos : De 16:00 a 16:45 h - Maiores : De 16:45 a 17:30 h • Sábado, 14 de Xuño ( Pola mañá ) - Pequenos : De 10:30 a 11:00 h - Medianos: De 11:00 a 11:45 h - Maiores: De 11:45 a 12:30 h • Sábado 21 de Xuño ( XORNADA DE FIN DE CURSO ) - Maña : OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS VEXETAIS. Virán os membros do grupo Os Chichisos de Pontevedra e fabricaremos con diferentes elementos naturais instrumentos tradicionais. Para a asistencia ai que apuntarse porque solo poden participar 20 persoas e teñen que ser maiores de 10 anos por ter que...

FOTOS DA ROMERIA RAIGAME

Boas Xente, xa publicamos algunhas das fotos que nos enviastes das actuacións e d troula da Romería Raigame de Vilanova dos Infantes. Podedes velas na parte de abaixo da páxina. Non vos teñen desperdicio. Unha aperta.

AGORA OS VIDEOS

Xa tiñamos as fotos e agora temos algún video da II Noite de Fiadeiro que están no Youtube. Deixamosvolos aquí debaixo. Grazas polos videos Gonzalo. Por certo quen teñades fotos ou videos da actuación da Romeria Raigame mandádeas por correo electrónico. Graciñas.