Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

Celebración de REIS no CONCELLO DE RAMIRÁS 2020

 As Suas Maxestades os Reis Magos chegarán de novo ao Concello de Ramirás convidados pola Asociación Cultural Rebulir. Será o día 5 de Xaneiro de 2021 e farase un percorrido por diferentes núcleos. Onde Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán a nenos e nenas desde os seus vehiculos oficiais.  Cuestións a ter en conta: - Cada neno/a deberá acudir a aquela parada que teña máis achegada a casa, para poder así evitar xuntanzas. Tamén poderán agardar as SS.MM. nas portas das súas casas ou nas ventás.  - Neste ano entregaranse caramelos envasados en paquetes de 100 gr. A entrega será realizada por dous/dúas paxes que desinfectarán as máns de nenos/as e as súas antes da entrega.  - É importante que as nenas/os acudan con mascarilla e manteñan en todo momento a distancia interpersoal. Non haberá contacto directo coas SS.MM. que permanecerán no interior dos seus vehículos oficiais.  - Asemade, as nenas e nenos poden enviar a súa CARTA POR EMAIL a delegacionrealramiras@gmail.com e as peticións ser

XV FIR-Festival Internacional Rebulir 2020

Este será o CARTEL e o VIDEO que dan a coñecer a XV edición do FIR2020. Un deseño que representa a interconexión de Galicia con outras culturas, e tamén por medio das aves como símbolo indica a liberdade que da a cultura e que tanta falta nos fai nestes intres.  Agardamos que vos guste. #festivalrebulir2020 #aculturasegue #aculturanonpara #aculturaésegura Toda a información en www.festivalrebulir.info  

Peche Proxecto IDENT-IDADE. Iniciativa Xove 2020

Neste mes de Outubro damos peche a "IDENT-IDADE: Proxecto de dinamización comunitaria e empoderamento xuvenil" o cal foi financiado pola Xunta de Galicia no marco das axudas "Iniciativa Xove 2020".  Neste proxecto sociocultural implicaronse moitos mozos e mozas da Asociación Rebulir, e tamén algúns/algunhas de fora. É destacable a labor realizada polos voluntarios/as da asociación, quen foron capaces de reorganizar, adaptar, axudar e participar as diferentes propostas que se recollían inicialmente como presenciais, e que dada a situación derivada da pandemia da COVID-19, pasaron a virtualidade ou reduciron os seus aforos.  Por iso, chegado este punto só cabe felicitar publicamente ao equipo Raiceir@s da Asociación Rebulir a súa incansable labor para continuar dinamizando o rural desde unha perspectiva educativa e sociocultural, pero sempre mantendo a cultura tradicional como base das súas propostas.  Como resumen deste proxecto deixamosvos este vídeo que recolle alg

PROTOCOLO HIXIENICO-SANITARIO PREVENCIÓN COVID - AC REBULIR - Curso 2020/2021

  LIÑAS XERAIS -           O alumnado manterá a mascarilla posta en todo momento. Tanto nos accesos e saídas, como cando permaneza no interior dos locais asistindo as actividades. -           As actividades desenvolveranse preferiblemente nos espazos asignados nos seus horarios, e velarase por unha boa ventilación dos mesmos (cumprindo as recomendacións do Goberno de España sobre o uso de sistemas de climatización e ventilación para previr a expansión do COVID-19 [1] ). -           Na medida do posible, manteranse as portas abertas con cuñas ou outro tipo de sistemas que eviten o contacto das persoas con pomos e manillas. -           O número de persoas por actividade non superará o máximo establecido pola Xunta de Galicia para xuntanzas deste tipo. No caso de espazos pechados limitarase a ocupación aos metros cadrados establecidos pola normativa vixente [2] . -           O cumprimento das medidas será de responsabilidade individual, aínda que as entidades facilitarán os

CURSO 2020-2021 en REBULIR

En Rebulir poñemos de novo os motores en marcha para un novo curso. Temos establecido un protocolo de regreso, contamos con novos espazos, adquirimos materiais e productos para a desinfección... todo para que o regreso sexa coa maior seguridade. Para iso, estamos preparando o noso local de San Andrés con todas as medidas de seguridade e hixiene, e neste curso 2020/2021 tamén faremos uso do Polideportivo Municipal do Concello de Ramirás, e o Centro Social do Picouto. Teremos unha presentación pública do proxecto o Sábado día 26 de Setembro onde aclararemos con membros e familiares os procedementos. AFORO LIMITADO  

Rebulir en O Pereiro de Aguiar no Día de Galicia

O Sábado 25 de Xullo as 21:00 h. celebraremos o día de Galicia con un Concerto de Rebulir na Praza do Concello de O Pereiro de Aguiar. Participarán todas as seccións oficiais (Cantareiros, Pandereteiras, Charanga tradicional e Grupo de Baile tradicional). Quedades convidad@s. Deberemos seguir todas as recomendacións sanitarias para este tipo de eventos.

Protocolo hixienico-sanitario ensaios verán 2020

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Rebulir ven de aprobar un protocolo hixiénico para o retorno progresivo as actividades culturais e educativas da entidade.  Para a elaboración deste documento tívose en conta a normativa vixente da Xunta de Galicia e tamén as directrices marcadas desde o  Ministerio de Sanidad. A responsabilidade do cumplimento deste protocolo será individual, pero a asociación aportará todas as facilidades para o seu cumplimento.  PROTOCOLO: 1. Os ensaios desenvolveranse preferiblemente en espazos abertos, e de non ser posible pasarían ao polideportivo municipal.  2. O número de persoas por ensaio non superará o máximo establecido pola Xunta de Galicia para xuntanzas deste tipo (25 persoas).  3. Estructura dos ensaios: a. A primeira parte dos ensaios dedicada a técnica será en filas unidireccionais con separación entre persoas de 2 metros. b. A segunda parte na cal se coreografíen bailes teremos uso obrigatorio de mascarillas. Faranse má

A VERBENA NO SALÓN

Presentamos "A verbena no salón" unha nova proposta na que pretendemos que familias e grupos de amigos/as se xunten para bailar, cantar, tocar... nun formato íntimo pero compartido. Para iso contamos coa colaboración do profesorado da AC. Rebulir xunto con amig@s e convidad@s que dinamizarán esta actividade.  Agardamos que participedes connosco, iremos actualizando moitas das novidades que rodean a esta iniciativa.

ACTIVIDADE - OS MAIOS DO CONFINAMENTO

Desde a Asociación Cultural Rebulir organizamos unha actividade que procura enxalzar o Mes de Maio como momento de explosión da primavera. Este feito celebrábase, e segue a festexarse, coa confección dos Maios e o canto de coplas satíricas.  Desde o confinamento queremos poñer en valor a parte comunitaria e tradicional desta festividade promovendo que as familias e membros da asociación colaboren nunha actividade programada a tal efecto.  O obxectivo é que cada familia/equipo faga un Maio na súa casa utilizando o material que teñan dispoñible, e tamén que canten unha copla seguindo a estructura tradicional destas cantigas en Ourense.   BASES 1. Poderán participar todas as familias ou equipos de membros da Asociación Cultural Rebulir.  Cada equipo ou familia poderá elexir un alcume (exemplo: “os carrabouxos”, “as leriantas”, “As de Poulo” … etc) 2. A actividade consiste na creación dun Maio nas casas utilizando material diverso (material natural, papelería, telas…). Asema