Ir al contenido principal

Celebración de REIS no CONCELLO DE RAMIRÁS 2020

 As Suas Maxestades os Reis Magos chegarán de novo ao Concello de Ramirás convidados pola Asociación Cultural Rebulir. Será o día 5 de Xaneiro de 2021 e farase un percorrido por diferentes núcleos. Onde Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán a nenos e nenas desde os seus vehiculos oficiais. 

Cuestións a ter en conta:

- Cada neno/a deberá acudir a aquela parada que teña máis achegada a casa, para poder así evitar xuntanzas. Tamén poderán agardar as SS.MM. nas portas das súas casas ou nas ventás. 

- Neste ano entregaranse caramelos envasados en paquetes de 100 gr. A entrega será realizada por dous/dúas paxes que desinfectarán as máns de nenos/as e as súas antes da entrega. 

- É importante que as nenas/os acudan con mascarilla e manteñan en todo momento a distancia interpersoal. Non haberá contacto directo coas SS.MM. que permanecerán no interior dos seus vehículos oficiais. 

- Asemade, as nenas e nenos poden enviar a súa CARTA POR EMAIL a delegacionrealramiras@gmail.com e as peticións serán atendidas persoalmente.

NOTA: Se algún neno/a non se pode achegar a algunha das paradas, ou non pode sair do seu domicilio por cuestións de saúde, deberá avisar a organización no email rebulir@hotmail.com ou ben no 639908005 para poder programar a visita dos Reis. 




Comentarios