Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2017

REBULIR NO VI FESTIVAL NACIONAL DE FOLCLORE - MOSTOLES

O grupo oficial de Rebulir, composto por bailador@s, pandereteiras e grupo de música tradicional estará esta fin de semana participando no VI Festival Nacional de Folclore que organiza o Grupo El Miajón de Móstoles (Madrid), o cal se encadra no marco da súa Semana Cultural.  Neste encontro participan colectivos chegados de diferentes lugares do Estado, o que axudará a trazar novas relacións. 
No marco desta saída haberá tempo para diversas actividades entre as que estará a visita ao Centro Galego de Móstoles, diferentes excursións, pasarrúas, convivencias...etc. A axenda será completa e productiva. Unha vez máis agardamos poder representar as nosas tradicións do mellor xeito posible.

PROXECTO ENRAIZATE - Iniciativa Xove

Coa visita desta fin de semana a Asociación El Miajón de Móstoles, para participar da súa semana cultural, damos peche ao PROXECTO ENRAIZATE . Este conxunto de actividades que se desenvolveron durante o ano 2017 estivo financiada mediante o programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Desde Rebulir queremos agradecer a todos os mozos e mozas que coordinastes, participastes ou asististes as diferentes actividades, e agardamos poder contar convosco para novos proxectos.

PREMIOS REBULIR da Cultura Galega 2017

Reunido o Xurado dos Premios Rebulir, o día 31 de Agosto de 2017, na Sede do Centro Cultural Marcos Valcarcel da Exma. Deputación de Ourense, decidiuse por unanimidade conceder os seguintes galardóns:
Categoría de Música Galega: UXIA SENLLE Pola súa longa e prolífica traxectoria no eido da música galega, proxectada alén das fronteiras do noso territorio.
Categoría de Cultura Galega: XOSE RAMÓN GAYOSO Por ter contribuído a difusión e a posta en valor da cultura galega desde a plataforma audiovisual que supón o programa Luar da TVG.
Categoría Homenaxe: LOIS ANTÓN PÉREZ Como recoñecemento a unha vida persoal e profesional adicada a literatura galega, en e desde Ramirás. 
Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás.  Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura gal…

COMEZO de CURSO 2017-2018

Un novo curso está próximo a comezar en Rebulir Cultura Tradicional. E xa van 12 anos desde que comezamos a nosa andaina, pero voltamos coas mesmas ganas e enerxía de sempre, e se cabe, con máis ilusión por poñer en marcha novos proxectos! HAI QUE POÑERSE MÁNS A OBRA !!!
O vindeiro Venres día 29 de Setembro teremos a tradicional presentación de horarios, profesores, actividades... etc. 
Vémonos! Esperanos un novo curso!